leoeosseus

martes, 20 de marzo de 2007

Shinchan en Vilaguindastre



Nestes días de paseos familiares descubrín un dos maiores misterios do mundo da televisión. Que foi feito de Shinchan ?. Pois Shinchan logo de deixar a tele galega medrou, quixo conducir pero non deu aprobado e mercou un coche deses sen carnet e agora traballa de albanel nunha obra en Vilaguindastre.

Etiquetas: ,

15 comentarios:

Ás 20/03/07, 23:58 , Blogger moucho branco dixo...

Carallo!!, aí chegou dende o Xapón?, cousas veredes... :P

 
Ás 21/03/07, 02:54 , Anonymous Anónimo dixo...

E que a vida dos nenos prodixios sempre foi difícil... E onde andará Misae, a súa nai? Terás que buscala por Vilaguindastre.

 
Ás 21/03/07, 09:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Mira que nos da voltas o maxín

 
Ás 21/03/07, 15:16 , Blogger *Sara dixo...

XD

 
Ás 21/03/07, 18:24 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois si traballa de albanel, xa podo imaxinarme as cousas que lle dirá ás mozas desde o andamio...

 
Ás 21/03/07, 19:52 , Anonymous Anónimo dixo...

¡a xente está burrida de carallo! :D

 
Ás 21/03/07, 20:39 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Anda que...

 
Ás 21/03/07, 23:17 , Blogger Torreira dixo...

Eres un arrinca sorrisos paideleo

 
Ás 22/03/07, 00:09 , Blogger Mar e Lúa dixo...

jajajaja! E de copiloto leva ó Nevado?? É boísimo!

como estas logo do susto? espero que mellor xa! coidatenos moito, unha aperta!

 
Ás 22/03/07, 03:11 , Blogger Paco Penas dixo...

O que a xente anda a preguntar é se o golpe que levaches non dañaría a túa caixa do rexistros :-)

 
Ás 22/03/07, 15:02 , Blogger Moralla dixo...

Este Sinchan andivo de tanta troula de neno que non lle quedaron neuronas pra quitar o carnet de conducir!! é que do xaponés ao galego....e seguirá e ensinar o cuíño por ahí!!
BK

 
Ás 22/03/07, 16:00 , Blogger Andrederabal dixo...

Misaiciña, a pouco desfago de rir.

Vaia co chinchán, un cochiño de pura máxia, descúbrenolo segredo, entón que é unha montaxe do "fotoxó", ou víchelo de propia persoa en ferro e plástico?

 
Ás 22/03/07, 21:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa que estaba Shin Chan tivo que mercar o coche para ter algo o seu nome ademais do DNI

 
Ás 22/03/07, 23:01 , Blogger paideleo dixo...

Estaba farto de mirar ese minicoche tódolos días e por fin puiden facerlle unha foto.
Hai que ser ben valente para ter esa matricula e arriscarse a risas.

Graciñas polos comentarios e alédome de que vos fixese rir.

 
Ás 22/03/07, 23:15 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí a eses trastos, chamámoslle Lavadoras. Polo tamaño e ruido.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio