leoeosseus

luns, 5 de marzo de 2007

Lenda romana das lampreas



Onte houbo unha celebración familiar e houbo lamprea para comer. A lamprea é un becho raro que parece unha becha e que me gusta que non ten espiñas nin escamas. A lamprea vive do sangue doutros peixes e de aí creouse a lenda de que os romanos lles botaban escravos ás lampreas para alimentalas. Isto contoumo miña sogra e non puiden evitar buscar esta noticia en internet: os romanos non botaban escravos ás lampreas senón ás morenas.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 05/03/07, 23:40 , Blogger torredebabel dixo...

é fascinante coma algunhas historias non deixan de estar presentes, refutando e enfrontándose á ciencia e á idea de que sabemos todo, que sabemos mais. Historas e lendas coma esta ben merecen ser contadas!

 
Ás 06/03/07, 08:54 , Blogger Torreira dixo...

Menudas serpes Paideleo!

 
Ás 06/03/07, 14:33 , Blogger moucho branco dixo...

a min parécenme moi grimosos, os bechos eses, :)

 
Ás 06/03/07, 15:55 , Blogger besbe dixo...

Puaj, case prefiro que me coma unha morena que me chupe a sangue unha lamprea. É que o nome nin siquiera é bonito.

 
Ás 06/03/07, 18:38 , Blogger TXARI dixo...

na minha recente visita a galiza, quedei sem lamprea, e nom será por nom facer esforzos por comela, e jâ van dois anos....morro de ganhas disque ou gustas ou desprezas do seu sabor....a ver se arrejlo para probala antes do 2008....

 
Ás 06/03/07, 22:18 , Blogger Mario dixo...

Que onde vai parar, era unha morte moito mellor (estes romanos...)

 
Ás 06/03/07, 23:00 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Caramba, caramba...

Unha aperta.
:)

 
Ás 06/03/07, 23:32 , Blogger paideleo dixo...

Como diría o sabio Asterix: estes romanos están tolos.
A lamprea encántame pero hai xente que non quere saber dela. Recoñezo que a súa imaxe non sexa mui apetecible pero está ben boa.
Graciñas polos comentarios.

 
Ás 08/03/07, 19:47 , Anonymous Anónimo dixo...

Que casualidade. Precisamente onte mesmo o meu home comentaba iso de que os romanos lles botaban escravos ás morenas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio