E pasaron os Reis
Xa parará !.
Etiquetas: familia V, lendas, natureza VII
Etiquetas: familia V, lendas, natureza VII
Etiquetas: acedre, curiosidades XIII, lendas
Etiquetas: interrede VII, lendas, lingua X, personaxes III
Etiquetas: curiosidades XIII, lendas
Etiquetas: lendas
Etiquetas: lendas

Etiquetas: lendas, vilaguindastre II




Etiquetas: curiosidades IV, lendas, viaxes I
Etiquetas: etnografia III, familia II, lendas

Etiquetas: lendas
Os bisavós Celia e Ricardo tamén saben de cousas dos tempos antigos, que lles dicían os vellos cando eles eran pequenos. O outro día queriamos levalos a tomar algo a Portugal pero eles dixeron, de broma está claro, que ían buscar a grade de ouro de Bouzarramil. Resulta que debaixo dunha laxa en Bouzarramil ( as terras que abeiran o camiño da esquerda da foto ) hai unha grade co marco de madeira pero os dentes de ouro. Eu díxenlles que iso non podía ser, que é unha lenda e o Ricardo díxome outra lenda da zona. Un día un home topou unha laxa escrita que dicía " Debaixo de min hai un tesouro ". O home baixou á aldea e xuntou cantos homes puido e volveron á laxa. Con grande esforzo déronlle a volta e non toparon nada. Só toparon a pedra escrita por baixo que dicía " Gracias por darme a volta. Xa estaba cansa da mesma postura ".
Iso, lendas da zona.
Etiquetas: arbo I, etnografia II, lendas

Etiquetas: lendas, natureza II, viaxes

Non sei polo que pero este tempo de chuvia faime lembrar tempos pasados e lembrei a historia da Pinoucha. No colexio corría o rumor entre os rapaces de que había unha muller que quería secuestrar nenos. Cando tocaba o pito do fin do recreo corriamos para clase e " facer a gata " ou faltar a clase para pasear era mui perigoso. Nunca cheguei a saber se existía esa muller e dicían que lle morreran dous fillos sendo pequenos e que toleara e que quería ter nenos na casa e por iso ía polo colexio buscando nenos que estivesen sós.
Hai uns días enteireime de que existe unha lenda parecida e supoño que terei que mandar a miña versión a Galicia encantada.
Etiquetas: lendas
Hoxe é a noite das fogueiras de San Xoán. Esta noite é mui especial e máxica. Tanto vale para amañar a infertilidade das mulleres bañándose na praia da Lanzada como para darlle a felicidade a unha rapaza se lle dá de beber unha pinga de auga a unha lavandeira. Esta noite quéimanse monecos e co fume purifícase o corpo se saltas por riba da fogueira. Esta tamén é a noite das sardiñas e da troula.Etiquetas: etnografia, lendas

Etiquetas: curiosidades I, etnografia, lendas

Etiquetas: lendas

Hoxe é o día dos enamorados e lembrei a lenda do raio verde. Esa lenda di que o derradeiro e ultimísimo raio do sol xusto antes de pórse é de cor verde e que se nese momento o ves con outra persoa o amor entre os dous será para sempre. Esta lenda serviulle a Xulio Verne para escribir unha novela e todo. Anque ó final non é lenda senón que é un fenómeno rarísimo que ata sae en fotos como a que poño que foi feita en Francia. O curioso é que Turgalicia promociona a costa galega dicindo que hai raios verdes.
Que queres que che diga ?. Eu con Ana nunca mirei raios verdes nin farrapos de gaita e non nos vai tan mal, non é ?.
Un saúdo e que haxa amor con raio verde ou non.
Etiquetas: curiosidades, lecturas, lendas, natureza