Bici, " Mascotas " e máis
Outra tarde fomos ao estreo de " Mascotas ", unha película mui simpática e chea de aventuras para mirar en 3D. Sigo abraiándome de como calcan os movementos dos animais que semellan reais.
Onte quedamos cuns amigos en Seixo - Marín para xantar no local da foto de " Xelaxis " e Obelix. Estivo mui ben a comida e a compaña pero a calor era excesiva. Os nenos tiveron sorte que había unha piscina para eles. Despois fomos á praia de Portomaior en Bueu e estivemos ata o solpor do ben que se estaba. Falamos de pelos no corpo, de oposicións, de operacións e baixas laborais, de nomes de animais para nenos, etc, etc. Na foto está Leo e un amigo, o sol deitándose por riba das Ons e a foto foi tirada ás 21:48 para que mires que Leo quere ser o último na auga. Logo fomos a Cangas a cear pizza no Baratto onde atendía un camareiro eficiente e despois a pasear polo parque infantil onde andaba toda a xente cazando Pokemons.
Etiquetas: cinema I, curiosidades XV, natureza VII, xela VI
