Socializando e solporizando
Onte Xela tivo un aniversario dunha compañeiriña do cole nun sitio novo que non coñecía a menos de cincocentos metros da casa.
Non puiden quedar con Xela que tiven que levar a Leo a Vigo ao parque dos bombeiros que tiña unha visita cuns compañeiros.
Mentres os fillos socializaban eu aproveitei para solporizar en Rande facendo fotos.
Onde está o museo Meirande hai un peirao de carga abandoado en perigo de arruamento co paso proibido que pescadores, aventureiros e algún blogueiro ignoran.
Así fixen unha reportaxe fotográfica onde entraban partes do peirao, os pescadores, a ponte de Rande, a ría coas súas bateas e un solpor marabilloso coas Cíes ao fondo e detrás delas as nubes que nos acompañaron hoxe.
Facía frío no corpo pero a alma estaba feliz.
Etiquetas: fotografía I, leo X, natureza VII, xela V
1 comentarios:
Esa última frase, fíxome sorrir. Eses momentos!.
Vexo que os teus rapaces xa levan unha intensa vida social. Inda que pode dar traballo e a sensación de que "nos resta"" tempo... pensa en cando a súa vida social vai ser só súa e a tí contaranche pouco e cambiado ;-)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio