A cento quince quilómetros
Aparece este espantallo que non é para paxaros senón para toupeiras. A botella dá voltas co aire e transmite movemento á vara de ferro espetada no chan. A vara vibra dentro da terra e as toupeiras non se acercan, seica.
Os nenos xogaron no seu caseto propio para merendas onde tiñan os seus fillos-globos.
Na casa duns familiares os nenos miraron coellos ( bebés incluidos ), años, galiñas e a enésima reencarnación do burro Rocky. Leo explicou á nai que visitou unha granxa rara onde vivía xente tamén.
Logo Xela e Leo atoparon unha cadela grande, cariñosa e cuidadora de vacas chamada Lía. Foi conosco de paseo e ata Leo me pediu que comprara un can do enamorado que quedou dela.
No día seguinte foron buscala á aldea veciña pero non a toparon. Mentres eu e tíoNan dabamos á gadaña na herba cunha sega nunca vista polos vecinos co seu " xaque, xaque " que parecía que lle dabamos machadazos á herba.
Fomos á capital do concello e na praza teñen unha novidade: un caixón con libros para nenos e adultos en español, inglés e galego. Eu collín prestado " Un sábado longo " e a ver que tal.
Tamén hai niños de cegoña nos edificios altos.
Fomos á capital da bisbarra ao parque infantil cheo de nenos de equipas de fútbol e algún neno ruso e outro brasileiro.
A saída no coche levounos por bairros descoñecidos onde había as casas típicas con corredores de madeira, unha capela pequena e esta pintada dun mundo apocalíptico onde supoño que humanos e cans atacan as últimas rans ( se amplías miras muitos detalles ).
Saímos pola estrada vella e non parei a fotografar unha casa con torre curiosa en Distriz.
E todo isto a cento quince quilómetros de Vilaguindastre.
Etiquetas: acedre, curiosidades XV, natureza VII
5 comentarios:
Non nos dis onde é?
Acedre, Ferreira de Pantón e Monforte de Lemos en Lugo.
Um dia em cheio mas que no fim do dia transmite uma enorme satisfação.
Abraço
Mimá, como pode dar para tanto un finde?
Claro que Ferreira de Pantón e outro universo, non é?
(inda daba algo por ver como lle dabas á gadaña)
ah, e probarei o asunto ese das toupas!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio