Neste un de abril
" O un de abril van os burros onde non deben ir " e así o Leo quixo mandar a compañeiriños ao parque da foto ás cinco da tarde pero non caíron na trampa.
Quen si caíra foi meu pai hai máis de corenta anos que o mandamos a casa dun veciño con dous baldes cheos de auga dicíndolle que Luis quedara sen auga na casa. Meu pai foi algo mosca pero foi e a bronca que levamos despois meus irmáns mais eu foi monumental pero a día de hoxe aínda río cando lembro a historia.
Tamén hoxe voaban catro cegoñas por riba da fábrica ás dez da mañá. Aledáronme o día porque hai ben anos que non aniñan por aquí.
Unha curiosidade a resaltar que aprendín hoxe: este costume do primeiro de abril non se celebra no resto de España ( sacando Menorca que estivo dominada polos ingleses hai tempo ).
Etiquetas: etnografia VII, familia V, leo XI, natureza VII
4 comentarios:
Ao final polo menos un compañeiriño picou.
É o que ten o primeiro de abril !.
Tampouco se celebra no resto de Galiza! Cousa que me surpreendeu muitíssimo quando andava alá polas Compostelas e outros lugares.
Em Portugal e segundo sei em muitas outras partes do mundo celebra-se no dia 1 de Abril o dia das mentiras.
Por aqui sempre ela anda à solta por jornais e revistas e TV no dia 1º de Abril.
Um abraço
Pois nunca escoitara tal cousa. Fun picar ao enlace que deixas e xa aprendin algo! (Sempre o digo, que no teu blog aprendo unha chea de cousas)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio