leoeosseus

martes, 6 de outubro de 2015

Outubro comeza


Empeza outubro ou outono coas primeiras tormentas que logran tirar o poste de teléfono de Arbo. Tamén nós acabamos coma pitos no día de onte nunha batagada fechada que comezou de súpito e que non deu parado a tempo.
Tamén empecei unhas vacacións pero quedei a última noite de traballo algo sorprendido cun compañeiro de traballo. Resulta que foi á  reunión de pais de alumnos e a profesora falaba galego e recomendou aos pais falar galego na casa cos fillos porque ían ser todas as clases nese idioma. El percibiuno coma unha imposición pero o que máis lle repateou foi o que contou despois. Resulta que algunhas nais falaban despois coa profesora en galego e nais que falaban " castellanito " sempre, como dixo el; pero que había unha que, pola razón que sexa, falaba castelán coa profesora e o que lle encomodou ao meu compañeiro era iso, que a profe seguise falando en galego coa nai do alumno, que era unha falta de educación; que tiña que falar en español. Eu díxenlle que non, que mentres a nai entendese o galego temos dereito a falar en galego e que eu eliminaría o problema se fose ministro de educación de España: poñería os catro idiomas oficiais como asignatura en todo o país. Ese compañeiro e os outros dous que había alí, todos galegofalantes, non sabían se estaba eu en serio ou en broma pero de eu a ti, dígoo en serio. Que despois pasa o que pasa e o meu Leo non quere ir mirar a película " Maimiño " porque está en galego e Rajoy, que nunca fala en galego, atrévese a falar en catalán !.
En fin; que tiña que soltalo, que mexan por un e hai que dicir que chove.

Etiquetas: , ,

2 comentarios:

Ás 08/10/15, 14:38 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai, pero cando unha 1ª persoa se dirixe en galego a outra 2ª (que é galega) e a 2ª lle resposta en castelán, iso non é falta de educación, verdade?. Entende galego, faláronlle galego vive en Galicia, pero pode respostar en Castelán e que todo o mundo vexa iso como normal. É máis, haberá quen diga que a 1ª persoa tíñase que pasar ao castelán ao respostarlle a segunda en castelán.

Esta nosa distopía, que dicia o outro.

 
Ás 12/10/15, 13:21 , Anonymous peke dixo...

A túa idea de estudar as catro linguas no cole tamén é miña. ;)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio