leoeosseus

Sunday, 23 August 2015

Toralla e Paraños



O xoves acercámonos á finca Mirambell que había unha explicación teatralizada do pasado romano de Vigo.
Recibíronnos cunha chuvia de pétalos de flore. Logo houbo visita ao museo e despois entramos na excavación. Alí explicaron o sistema de construcción e a vida naqueles tempos. Despois foi a actuación dunha venda de tres esclavos, despois saíron dous gladiadores luitando e rematou todo cos dous bailes de catro romanas



Onte non sabiamos onde ir co este tempo tan inestable e rematamos no sendeiro do río Xabriña en Paraños, O Covelo. Pasamos por construcións restauradas ou ben conservadas, un lagar de cera, varios muiños e chegamos ao Pozo do Demo.
Foi un sábado distinto.

Labels: ,

3 Comments:

At 24/08/2015, 05:54 , Blogger Alís said...

Qué fermoso ese pozo do Demo. ¿Por qué será que as cousas do demo son atractivas?

Cando vexo os paseos que dades, éntranme complexos. Terei que definir cales para loitar contra eles

Unha aperta

 
At 27/08/2015, 23:35 , Blogger Eva G. Rei said...

Onte quedáronnos moitas cousas por falar, e unha delas foi que vos pareceu a visita á Vila romana de Toralla. Así que, por forza temos que quedar en breve.
Por certo, hoxe volvo arrancar co meu blog; hai tanto tempo que non o vexo que case non me lembro por onde comezar. Nun par de días haberá cambios.

 
At 10/09/2015, 10:46 , Blogger Zeltia said...

un día envexable, semella.
pero mirei o roteiro, que inda que eu pouco ando, soño con andar e ando anotando sitios para facer, que despois non fago,
a ruta é de 6 horas camiñando, 17 km.
Non fariades tanto cos nenos....! inda que eles non se cansan nunca.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home