Solucións para a calor
Unha solución sería vivir nun lugar como o da ilustración: verde e cheo de augas que corren, saltan e cain.
Pero, é claro, isto é unha utopía.
Máis práctico é acercarse á praia das corenta cordas e perseguir peixiños como Xela ou xogar unha pachanga como fai Leo que últimamente lle presta o fútbol e mirar arroaces entre chalanas, iates e bateas.
Non está nada mal refrescarse en chafarises como os que hai en Sanguiñeda, a un paso de Vilaguindastre.
E a falta de piscina pode safarse cun lavadoiro cheo de auga fresca.
O asunto é hidratarse por fóra e por dentro !.
Etiquetas: natureza VII
1 comentarios:
toda esa auguiña cando fai calor...!
refesca só vela!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio