leoeosseus

xoves, 29 de xaneiro de 2009

Cama de san Xián


O outro día andei a buscar o nome de Xiana en internet para ver se topaba algunha lenda ou historia referida a Xiana para poderlla contar cando naza á irmá de Leo pero non topei nada aparte das xianas asturianas. O que si topei foi a cama de san Xián que está aquí perto no monte Aloia. Eu pensei que tiña poderes procreadores coma outras camas de pedra esparexidas por Galicia pero a única lenda que ten é de que nunca nace herba nela.
Supoño que terei que inventarlle unha historia á nena para cando queira escuitar contos.

Etiquetas: , ,

12 comentarios:

Ás 29/01/09, 09:09 , Blogger Veloso dixo...

Debe de ser un dos maiores praceres da vida: inventar historias para os nenos. Xiana e Leo son moi afortunados. Saúdos dende as terras de Viriato.

 
Ás 29/01/09, 10:14 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

mmmm, siento desilusionarte pero a pesar de lo que pone en ese blog no son xianas, sino xanas!! unha sorte de sereas dos ríos que forman parte da mitoloxía asturiana, como o nuberu, o trasgu,...

 
Ás 29/01/09, 12:00 , Blogger LM dixo...

acho que vás ter de ponher a imaginazom a trabalhar... ainda que ser da familia de júpiter nom é pouca coisa!
mira o link a ver se te ajuda a inventar:
http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/xeracionelogo/xogo1.html

beijos

 
Ás 29/01/09, 12:06 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non teño dudas de que has ser capaz de argallar unha bonita historia para Xiana. Incluso o Leiño poñerá da sua parte tamén para colaborar.

E teño que dicirche que hai un encargo para ti no meu blog. A ver se te animas e argallas algo que dar a coñecer de Vilaguindastre que se poida enviar...

 
Ás 29/01/09, 12:22 , Blogger An dixo...

contalle calqueira historia da nosa terra, non che ten que ser necesariamente do seu nome...ou si?

 
Ás 29/01/09, 12:35 , Blogger An dixo...

Acabo de falar do tema co meu avó...e disque en Bamio aparece una Xiana de riba da pena do encanto, e que ten varias cousas de ouro e diche cal delas che gusta máis e si lle dis a tesoiras diche ela que corten os fillos que non terás, por que seica lle tes que dicir que che gusta ela....inda que me da a min que non che é moi fiable o conto...Saúdos

 
Ás 29/01/09, 17:06 , Blogger rui dixo...

Lerlles un conto aos nenos antes de os deitar para min é tan obrigatório como poñerlles a cea, pero o máis fermoso é inventarlles contos sobre a marcha, fíxérao co meu irmanciño pequeno e logo coas miñas fillas, é tan pracenteiro para quen o conta como para o neno que se durme escoitándoo.
Así que xa sabes, pódeslle inventar unha chea de historias para a Xiana.
Saúdos

 
Ás 29/01/09, 18:03 , Anonymous Anónimo dixo...

o único que eu coñezo é a lenda de san xiao do camiño, que matou os pais nun arrebato. arrepentido, veuse para cerca de palas de rei, onde pasou a vida atendendo e servindo os peregrinos a compostela.
(decatarase de que é tan tremebunda que terá que esperar varios anos antes de contarlla ao leo, canto máis á nascitura)

 
Ás 29/01/09, 22:54 , Blogger Suso Lista dixo...

Con esa pedra, tes facil inventar a historia. Saúdos

 
Ás 30/01/09, 09:59 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Se non ten lenda facémola

Lenda para Xiana

Contaa lenda, que nunha tarde de frío inverno, un paxaro novo e aloucado voaba facendo acrobacias sobre o río. Nun descoido tropezou contra a rama dunha árbore e caeu desmayado ás frías augas. A sorte quixo, que Colín, o can de Leo, puido lanzarse ao río e salvalo
A mamá de Leo, que estaba esperando unha nena, puxo o paxaro á calor da súa barriga e aos poucos o paxaro foi recuperando o sentido. Pronto comezou a dar uns saltitos pola barriga e antes de saír voando pola fiestra dixo ¡Grazas Xiana!

Un abrazo para todos. A.Cris

 
Ás 30/01/09, 11:43 , Blogger vermella dixo...

Vou argallar unha historia para Xiana,xa o fixen para os meus nenos,así que a ver que se me ocorre...
bicos.

 
Ás 02/02/09, 01:39 , Blogger Merce dixo...

Outra lenda que tampouco sabia, e ademais non tiña nin idea do das pedras con poderes procreadores, ai que ver o pouco que leo.

Seguro que inventarás unha fermosa historia exclusivamente para Xiana :)

Saudiños

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio