Monday, January 12, 2009

Lenda da coroa de ferro


No choio falamos de temas diversos no momento do taco e hoxe falamos dos programas lixo da televisión onde sacan todos os trapos sucios á vista. Isto fíxolle lembrar a un a lenda da coroa de ferro que contou máis ou menos así.

" Nos tempos medievais había un conde de Lemos que estaba casado cunha moza fermosa. O rei chamou á súa xente para ir á guerra e alá tivo que ir o conde. Deixou a súa muller ao coidado do cardeal que, aparte, era bó amigo. Pasou o tempo e o cardeal encaprichouse coa muller pero non puido posuila e acabou matándoa nunha pelexa. Enterrouna e seguiu pasando o tempo ata que chegou o conde de volta. Levou unha sorpresa desagradable pola morte da súa dona e non acababa de crelo e mandou desenterrar o cadáver. Observou que tiña o puño pechado e abriuno e descubriu dentro o anel do cardeal. Caíu na conta do que de verdade pasara pero non dixo nada. Invitou a nobles e súbditos a unha festa para coroar ao cardeal por coidar da súa muller na súa ausencia e chamou a uns ferreiros para que fixeran unha coroa de ferro nese día. Cando estaban todos na mesa mandou traer a coroa candente recén sacada do lume e mandoulla pór na cabeza do cardeal aos ferreiros ".

A lenda é tétrica como adoitaban ser aqueles tempos pero topei unha versión literaria e outra na enciclopedia de Eladio Rodríguez ( ler o final da entrada de coroa ) .

Na foto saen cintos de castidade.

15 comentarios:

Carlos Sousa said...

Con el clero hemos topado!
Xa dicía algún que non hai un bó. Agora, o fin del tuvo que ser un suplicio.

Mario said...

É moi chula, sóame moitísimo de tela escoitado ou lido, penso que co nome da "mitra candente" (aí a versión era un ferro ardendo escondido na mitra coa que o nobre nomeaba bispo ao crego). O caso é que non sei onde ou se coincidían os protagonistas.

Peke said...

Non coñecía a lenda e gustoume.

Barreira said...

Os do CSI non sacan conclusións tan rápidas. Pois si que son espabilados os de Lemos, si oh!!
E supoño que a versión moderna do cinto de castidade é ver a televisión, polo que molesta, claro.
Moitos saudos

An said...

Carafio, o que se aprende neste caderno...e moi interesante, e de certo descoñecincha. Saúdos e apertas

Chousa da Alcandra said...

O que pasa é que o conde non foi previsor; se lle dixara posta a coroa noutro sitio ao Cardenal antes de marchar...

abueloscrisytoño said...

Gustoume a lenda. Os cintos de castidade ,arrepiantes

vermella said...

Como sempre da gusto pasar por aquí e aprender cousas....
bicos.

Suso Lista said...

Carallo como as gastaban antes!. Xa ves que aíndanon morrín, je je. Apertas

Merce said...

Non coñecia esa lenda, eses tempos parecenme escuros, frios. Din por ahí que as lendas sempre levan algo de certo.

Xa sei algo mais, antes de me durmir :)

Saudiños

Ana said...

Encantanme as lendas,graciñas por poñerla.Bicos

LM said...

eu li algo semelhante mas era com um colar.
beijos

mencía said...

Non che coñecía esta lenda, pero gustoume moito sobre todo polo final que tivo para o cardenal.
Apertas.

busto.agolada said...

Sempre oín dicir que a mellor vinganza se serve en frío. Nesta lenda que nos contas, paradóxicamente resólvese unha vinganza quente cunha mente fría. Nunca a escoitara e ten todos os ingredientes propios das lendas daquela época.
Apertas mornas.

aopedofarelo said...

Pero mira que antes eran ben burricans...
Non ceñecia eu esta lenda., pero dende logo.....
O dos cincutrons de castidade esta moi ben...si señor o que pasa é que tamen existian as "ganzuas"...¿Ou non?