leoeosseus

mércores, 21 de outubro de 2015

Vacacións dende un sillón


Non, non pasei as miñas vacacións nesta " casa rural " da foto; un muiño que descubrín onte mesmo na miña parroquia e que, raramente, non coñecía. Non. As miñas vacacións foron máis ben caseiras coa familia no cole e no instituto así que foi unha navegación pola interrede tipo maratoniano nos momentos que as obrigacións deixaban libres. E aprendín unhas cousas e descubrín outras e entretívenme. Foron centos de datos e imaxes que me entraron polos ollos dos que agora paso a ligar varias páxinas de exemplo.
Descubrín a Xaquín das Herbas, un home que fuxiu ao monte por medo a represalias na Guerra Civil. Viviu máis de vinte anos no monte, alimentándose do que daba o bosque e vestíndose con peles de animais, algo impensable nestes días de sumisión ao consumismo.
A lingüística galega é a miña devoción así que cando lin o posteo este tiven que buscar algo que falase da confusión entre Gagán, Jaján e Xaxán, o nome dun monte do Morrazo e, tirando do fío, apareceume unha relación de lendas do Morrazo.
E andando polo que queda do blogomillo atopei unha curta interesante titulada " Os castelos da fame " que trata dos tempos do estraperlo cun final inesperado pero lóxico cen por cen.
Tamén tiven ocasión de facer sendeirismo literario que cansa menos e ten o seu aquel.
E agora á tarde toca mudar o sillón da casa polo asento da carretilla elevadora.
A vida do pobre éche así !.

Etiquetas: , , ,

2 comentarios:

Ás 21/10/15, 22:11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pois é Pedro. Mas ainda assim os pobres de hoje, ainda podem viajar por todo mundo, ainda que virtualmente. Mas eu ainda sou do tempo em que não havia internet.
Um abraço e tudo de bom para si e família.

 
Ás 23/10/15, 13:41 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Visitei algunhas das referencias que mencionas, que vida interesante a de Xan das herbas, non lía libros, nunca foi a un museo, non ía a concertos... E moito menos estaría posto na actualidade política e coñecería destacados intelectuais...
El tiña a música da fraga e da auga. Lería as pegadas dos animais. Gozaría dos inmensos cadros da paisaxe.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio