A grade de ouro de Bouzarramil
Os bisavós Celia e Ricardo tamén saben de cousas dos tempos antigos, que lles dicían os vellos cando eles eran pequenos. O outro día queriamos levalos a tomar algo a Portugal pero eles dixeron, de broma está claro, que ían buscar a grade de ouro de Bouzarramil. Resulta que debaixo dunha laxa en Bouzarramil ( as terras que abeiran o camiño da esquerda da foto ) hai unha grade co marco de madeira pero os dentes de ouro. Eu díxenlles que iso non podía ser, que é unha lenda e o Ricardo díxome outra lenda da zona. Un día un home topou unha laxa escrita que dicía " Debaixo de min hai un tesouro ". O home baixou á aldea e xuntou cantos homes puido e volveron á laxa. Con grande esforzo déronlle a volta e non toparon nada. Só toparon a pedra escrita por baixo que dicía " Gracias por darme a volta. Xa estaba cansa da mesma postura ".
Iso, lendas da zona.
Etiquetas: arbo I, etnografia II, lendas
18 comentarios:
Aquí en Agolada disque tamén hay ouro por moitos sitios, pero bueno, non son máis ca lendas que perduran no tempo. Saludos
Moi bó o conto, recórdame a un que dí "abrir sóamente en caso de incendio, despois de abrir a caixa aparece un papeliño que di: só en caso de incendio gili..."
Pois iso a curiosidade pode con nós.
Estas son cousas dos mouros, hai moitísimas lendas na Galiza de tesouros soterrados por eles.
A min encántanme estas historias!!
Por certo, ti que tes a sorte de aínda ter avós... vouche pedir un favorciño, poderíaslles preguntar como é que din na súa zoa ás meniñeiras ou medríos (falara disto no meu blogue, non sei se o recordas).
Eu, que pensaba que todas estas lendas só as atopabas nos libros de antropoloxía, sorprendeume oírllas de viva voz ao meu propio pai, que me contou que no castro de Marzá (Palas de Rei, Lugo), preto de onde el vivía, había enterradas unha trabe de ouro e outra de alcatrán. Como non podía ser doutro xeito, o castro estaba habitado por mouros...
Si, coindido con Meninheira e Xosi en que iso é cousa de mouros.
Na aldea de Vilaframil onde eu nacín hai un monte, a Coroa, que foi habitado polos mouros e disque nas covas que o furan, coma buratos de toupa, desde a aba ata o cumio, había unhas campás de ouro que moitos buscaron e ninguén atopou. Campás non sei, pero covas había, que eu vin a entrada antes que a tapase unha excavadora cando fixeron a pista.
Por certo, ao pé do monte está o "Estivo de Castro" e no cumio eu puiden facerlle fotos aos restos das súas murallas, hai moitos anos, antes de que desaparecera cando plantaron todo de piñeiros.
O da grade de ouro é unha lenda que con certas variacións é común a moitos sitios de Galicia.
E a segunda e moi simpática: teño que contarlla a un amigo que gusta destas cousas.
Apertas.
Estamos salvando a tradición oral, ao recollela por escrito. A última lenda xa a ateño escoitado pero non lembro onde.
Perdoa que ultimamente só pasase por aquí sen deixar o meu comentario. Andei algo escaso de tempo.
O Leo está cada día mellor mozo e cun carácter pacífico e especial.
Unha aperta para todos vós.
Hola!!! Canto tempo.
Aquí en Agolada como ben di David din que hai moito ouro de feito cando fixeron a carretera atoparon un tesouro que está no museo de Pontevedra.
Saludos
Teño tamén escoitado de tesouros soterrados e ocultos en pasadizos segretos que -supostamente- unen o monte Farelo co Castelo de Amarante.
(Moito olliño aos visitantes que veñan por esta zona, que na actualidade "O Castelo" tamén é o nome dun local que (seica) abre somente polas noites, e ten unha luz de neón empoleirada no tellado...)
E são tão interessantes essas lendas.
Um abraço e obrigada por ter estado ontem na minha festa
a avoa contava que da pedra moura saía uma moura com sete galinhas e se lhas vendias na feira sem dizer que viras a moura dava moedas de ouro e senom nom voltavas saber dela nunca mais. beijos
Simpática a história.
...acábaseme de ocorrer unha idea!!!
Un saúdo.
ten unha encomenda en ithaca. talvez lle apeteza participar. un saúdo
Moi boa esta historia, tiña humor a tipa soterrada, humor negro claro.
Aiquí a carón do Sil, inda non hai moitos anos, cando eu era nena, seguían a buscar ouro en moitos sitios, e algún grauciño que outro sei que si se atopaba, pouco porque xa se encargaron del os romanos.
bicos.
que lista a pedra jaja
De seguro que tiña unha contractura petrea...boa historia.Aperta pai
PObre pedra, seguro que estaba aburrida de estar boca a baixo! :P moi boa a lenda!
Acabo de darme conta doutra coincidencia: VillafrAMIL e BouzarrAMIL, os topónimos teñen, seguramente parecida procedencia. E ainda máis, o lugar onde estaba a entrada da cova que eu vin chámase tamén A Bouza.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio