Na terra das Xacias
Aquí retrato o mural dunha xacia e os fillos feito pola sociedade Cestola na cachola porque entre onte e hoxe pegamos unha volta polo Acedre e arredores.
Baixamos camiñando ata o río Cabe e menos mal que iamos amodo ( " a gusto " din por estas terras luguesas ) que, se non, saltabamos este stop camuflado.
No río tiñamos a posibilidade de bañarnos estilo xacia, así en coiro, que había unha pintada animándonos pero a auga estaba fría.
Á volta pasamos pola imaxe de postal do Cotillón.
Tamén pasamos polo palco de música co seu ximnasio cuberto que hai que aproveitar a construción.
E na noite do Samaín mentres os nenos esperaban acontecementos terroríficos na cama, eu aprendín a xogar á " pocha ", un xogo de naipes.
E remata esta fin de semana.
Etiquetas: acedre, curiosidades XIII, lendas
2 comentarios:
Bem localizado esse sinal.
Um abraço e uma boa semana
parece un xogo ese da pocha que é cousa máis de saber facer as xogadas que da sorte das cartas que che toquen... (na miña vida escoitara del)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio