leoeosseus

venres, 18 de abril de 2008

A Pinoucha



Non sei polo que pero este tempo de chuvia faime lembrar tempos pasados e lembrei a historia da Pinoucha. No colexio corría o rumor entre os rapaces de que había unha muller que quería secuestrar nenos. Cando tocaba o pito do fin do recreo corriamos para clase e " facer a gata " ou faltar a clase para pasear era mui perigoso. Nunca cheguei a saber se existía esa muller e dicían que lle morreran dous fillos sendo pequenos e que toleara e que quería ter nenos na casa e por iso ía polo colexio buscando nenos que estivesen sós.

Hai uns días enteireime de que existe unha lenda parecida e supoño que terei que mandar a miña versión a Galicia encantada.

Etiquetas:

18 comentarios:

Ás 19/04/08, 09:33 , Blogger emereci dixo...

Pois si, teño entendido que é unha lenda común a muitos países... Seguramente teña algo de certo, logo, non cres?
Bicos

 
Ás 19/04/08, 18:40 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu nunca oín falar desta lenda. Aquí no rural metíannos medo co home do saco.
Unha aperta.

 
Ás 19/04/08, 23:27 , Blogger Cuspedepita dixo...

Pois a min o teu post troxome á memoria a Recaredo, que era o personaxe ao que lle tiñamos medo os nenos da miña aldea.
Non é que nos contaran cousas terribles del, pero sempre que os grandes o nomeaban facíano con tanto segredo, baixando a voz, que nos imaxinabamos un monstruo tremendo que se apareceía na escuridade da noite.
Máis tarde soubemos que falaban en baixo poque era un "fuxido".

 
Ás 20/04/08, 10:40 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois paréceme que tes razón, debe ser unha lenda e en cada lugar tiña unha persoaxe con diferente nome pero seguro que coas mesmas características.
A min lembroume a María do Tuxe coa que nos metían medo por aquí.
apertas.

 
Ás 20/04/08, 14:58 , Blogger Bea dixo...

Quedei pensando no da lenda... agora que me lembro, nos no colexio, tiñamos unha zona na que sempre estabamos, era pola parte de atrás do pabellón, nela había un pozo pechado, e un día outros rapaces (quizáis o fixeran para meternos medo e que saíramos de alí) dixeronnos que alí dentro do pozo, morrera unha muller que se chamaba Nadia, e que se comía os rapaces... Nosáínda así, seguimos volvendo por alí, ata que o vallaron...

 
Ás 20/04/08, 16:00 , Blogger Ana dixo...

Non coñecia esa lenda,sempre oin falar do home do saco e do coco comenenos.
Encantanme as lendas galegas,ben me gustan todo o tipo de lendas!
Bicos

 
Ás 20/04/08, 17:36 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Efectivamente por aquí tiñamos o "home do saco", que adoitaban poñerlle barbas longas e blancas.
Uns anos máis tarde eu pensei que lograra poñerlle rostro cando vin por Antas a Abelardo.
Creo lembrar que era de terras de Agolada (Busto ten que lembralo). Asombrábanos facendo cálculos mentais espectaculares (decíache os segundos que tiñas nun pis pas).

 
Ás 20/04/08, 19:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Non coñecía eu a expresión de 'facer a gata'...
Da Llorona coñecía a canción de Chavela Vargas, pero me parece que non ten que ver moito a letra da canción, coa lenda que puxeches no blog.
Biquiños...

 
Ás 20/04/08, 21:07 , Blogger Unknown dixo...

Sobre da lenda da muller que perde ós seus fillos e tolea hai moitas variantes no folklore. Empezando polo que comenta Jan, a lenda de La LLorona en México tén que ver cun espectro de muller que vai polos camiños chorando porque perdeu ós seus fillos pequenos, mortos; seguindo pola Grecia clásica, Medea, anque a loucura dela é anterior e causa da morte dos seus fillos.

A maternidade, a morte e a loucura van moi unidas.

Terei que escribir sobre iso..., cando sexa nai. :)

 
Ás 20/04/08, 21:30 , Blogger Ith dixo...

Eu fun compañeiro de Enmaigada no colexo e ecordo a lenda, unha vez, cando xa estabao pozo valado, intentamos entrar polo oco que "apareceu". Menudas boncas, que ben o pasabamos, supoño que lendas coma esas hainas a miles...

 
Ás 21/04/08, 00:09 , Blogger La queue bleue dixo...

Epa! Deixei-che um convite a um meme no meu blogue. :) Nom te preocupes que este nom é nada comprometedor. ;)
Bicos!

 
Ás 21/04/08, 02:23 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Pois nós non tiñamos nin home do saco nin rabo de gaitas... A quen si que lle tiñamos medo os do meu cole era a un señor que vestía moi raro e levaba bastón, que sempre andaba pola nosa zona. Un día uns compañeiros chegaron a clase todos acalorados dicindo que os ameazara co bastón, pero eu non sei se crelo :/
Apertas!

 
Ás 21/04/08, 13:32 , Blogger Veloso dixo...

Eu tampouco coñecía a lenda, pero é fermosa. Dá tanto para guión dunha película de terror como para un relato melancólico, estilo Castelao ou algo así. Saúdos.

 
Ás 21/04/08, 16:52 , Blogger Mr Tichborne dixo...

a nós metíannos medo no parvulario coa Bruja Piruja, que habitaba nunha nave entre os dous patios do meu colexio. Logo soubemos que era un ximnasio.

 
Ás 21/04/08, 21:35 , Blogger Pau dixo...

Este tipo de lenda está moi extendida. Pero mira ti que con tal motivo non faltabades a clase

 
Ás 24/04/08, 22:22 , Blogger vermella dixo...

Pois eu recordeí a Mariamanta que era unha vella que roubaba nenos e miña nai cantabanos:
Aí ven a mariamanta
coa tripa na garganta..

 
Ás 26/04/08, 00:52 , Blogger paideleo dixo...

emereci: eu lembreino lendo un posteo dos teus.
busto.agolada: isto hai trinta anos era ben rural tamén.
O home do saco sempre existiu pero a Pinoucha era máis real.
cuspedepita: hai xente que entra no mundo das lendas cando fai algo excepcional coma o tal Recaredo.
rifo i zeuquirne: pois por aí será María do Tuxe, non che digo que non.
enmeigada: o máis seguro é que nunca saibamos se é verdade ou non.
ana: o mundo lendario é un mundo marabilloso que está aí para o noso desfrute.
chousa da alcandra: o paso da realidade á lenda é máis curto do que pensamos e ben pode o Abelardo transformarse nunha lenda.
jan: na EXB diciamos facer a gata pero logo no instituto era colgar clase.
Eu non sei nada da canción de Chavela Vargas ( son nulo en asuntos musicais ) e non che podo dicir que si nin que non.
mariola: perder un fillo debe de ser horroroso e prefiro non pensalo. Din que estamos preparados para afrontar a morte dos pais pero que non soportamos a morte dos fillos.
Ogallá que teñas boas experiencias vitais .
ith: sempre hai lugares misteriosos que chaman por nós.
la queue bleue: lido e feito.
veloso: dá para muito. Un narrador como ti sacaría unha boa novela.
mr tichborne: e sabes o que significa piruja ?: mujer joven y desenvuelta. Supoño que o de desenvuelta é o terrorífica dela.
pau: muitas lendas teñen "moraleja".
vermella: eu tiña unha vga idea da Mariamanta pero non sabía a cantiga de túa nai.

Graciñas a todos polos comentarios cos que aprendín muito e me divertín.

 
Ás 22/04/15, 13:36 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Xa choveu disto, eh? Eran bos tempos para o blogomillo.

Vexo que foi neste momento que mandaches a túa versión

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio