leoeosseus

xoves, 1 de outubro de 2015

Xan Carallás


Un día foime a vista para unhas estrañas figuras nunha entrada dunha casa mentres conducía. Pasei varias veces e, ao final, decidín fotografar o conxunto que non ten desperdicio e que tentarei describir.
De esquerda a dereita hai unha columna cunha figura dunha muller cunha cesta na man dereita e unha nena detrás colléndolle a man esquerda. Logo vén a outra columna da cancela que ten no alto un canteiro traballando cunha maceta e un punteiro que, supoño, será o dono da casa porque dentro hai máis obras de cantería. Logo diante vén o conxunto que máis resalta á ollada que son os dous escudos de Redondela e Mos dándose un apretón de mans. Precisamente este conxunto está ben situado porque a casa está en Redondela na extrema con Mos. Diante hai un cruceiro no medio dun xardinciño e, finalmente, xunto á escaleira que sobe á casa hai unha figuriña dun home coas pernas arqueadas e boina e que ten un nome debaixo: " Xan Carallás ". Entroume a curiosidade e preguntei a Google pensando se sería a nomeada do canteiro da casa pero non e, por riba, souben muitas cousas dese Xan Carallás. Resulta que di a lenda que naceu nun bosque de Ventosela, unha parroquia de Redondela e que decidiu meterse de mariñeiro a navegar por todo o mundo e á volta fundou Redondela. Esta personaxe ten unha peña, ten cancións, ten un bar e Castelao fíxolle un debuxo ( que é a figura que representa normalmente a Xan Carallás ). Vamos, que é importante en Redondela.
As cousas que se aprenden tendo os ollos abertos !.
Deixo aquí máis fotos do conxunto.



Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 02/10/15, 01:32 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Claro que se aprende muito se estivermos atentos e quisermos saber.
Gostei das fotos.
Um abraço

 
Ás 02/10/15, 19:36 , Blogger Ana Cosque dixo...

Xan Carallás é tamén para os redondeláns o heroe que acabou coa Coca http://www.abc.es/cultura/20150519/abci-coca-redondela-reinvencion-leviatan-201505131348.html

 
Ás 05/10/15, 11:45 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Moito me gustou este post. Aprendo moitas curiosidades no teu blog.
:-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio