Saturday, March 21, 2009

Pola vila Balneario


Hoxe xantamos cerca da ponte dos Remedios onde se bautizaban en tempos os nenos no ventre da nai cando tiña problemas para parir.




Logo fomos ata a vila Balneario onde teñen fama de seren os máis ricos de Galicia porque en todas as casas fan o cocido con auga de Mondariz.
Demos un paseo pola beira do río e os regatos admirando as ruinas restauradas e as ruinas abandoadas co ese aire melancólico de tempos pasados.




Aprendemos de como dunha árbore morta se pode tirar arte na rúa.



Tamén constatei como uns edificios novos teñen nomes de cidades do mundo e cadanseu reloxio no alto coa hora do lugar. Hai tempo semelloume un detalle feo pero agora é muito máis porque cada reloxio ten unha hora distinta ao estaren parados algúns.


Enfin, pasámolo ben.

16 comentarios:

Antón de Muros said...

¡Qué cousa boa é pasear!

Gustoume moitisemo a foto da ponte :-)

Unha aperta.

Antón.

Carlos Sousa said...

Home, andiveches pola miña zona.

Eu aproveitei esta ponte de San Xosé para tirar fotos, e a ponte dos Remedios ou de San Roque foi un dos meus obxetivos.

Agora ben, lin o enlace do bautismo, e creo que estades equivocados, a ponte onde se facían eses ritos era a Ponte das Partidas situada na parroquia de Moreira, en Ponteareas. Beni puxera xa fai un tempo un post referindose ó bautizo que tivo que facer súa nai para que él viñera a este mundo.

Balneario é unha vila moi preciosa, o da árbore é para alucinar, máis vendoa en persoa.

Pois nada, a pasear e a disfrutar, un saúdo.

Chousa da Alcandra said...

O das esculturas na árbore morta deixoume impresionado. Unha excelente maneira de trocar o inerte en novamente vivo, si señor!

En contraposición os reloxos parados...

O mellor de todo: que o pasastes ben. Diso se trata; ainda que sexa sin reloxo!

Apertas

An said...

Eche curioso o dos reloxios, como a alguen se lle pode ocurrir tamaña paifocada, dende logo os constructores teñenche o gusto onde eu me sei. Saúdos, aledome de que o pasasedes ben.

gallega said...

Tens un ojo de aguila. Fun un montón de veces a Mondariz e nunca me di cuenta da mitad de lo que nos enseñas.Ni conocí a lenda de bautizar os nenos no ventre da nae.
E un placer pasar por aqui e enterarme de todo o que hai o meu rededor.

Bicos

busto.agolada said...

Fermosa e proveitosa xornada. Estiven só unha vez en Mondariz e lembro que me gustara moito, agora volvo refrescar lembranzas e gozar desa árbore escultura da que creo que falou no seu blog Carlos Sousa.
Moitas apertas.

Cuspedepita said...

O dos reloxios sería boa idea se cada un tivese a hora da cidade que da nome ao edificio, pero non hai nada máis inútil ca un reloxio parado.

Chelo said...

Hola, fai tempo que no comento nada por aqui, pero ¿podo facerche unha preguntiña? cando sae Ana d contas.
Gracias.
Bqñs.
Por certo teño paseado por Balneario varias veces e a escultura que pos chamarame a atencion pero non me dera conta de que se atopaba nunha arbore, que pouco me fixo, je, je, je...

abueloscrisytoño said...

Tienes un regalo en mi blog. A.Cris

Suso Lista said...

Pois a min gústame a cousa esa dos relós, pero se funcionasen. Curioso e bonito. Saúdo, e non te preocupes que non me olvido de ti, je je.

Merce said...

Pois a min tamen me gusta eso dos reloxios, o que non me gusta nadiña e que fan todas as casas iguais. Bueno, o certo e que penso que o vin en algun xornal xa fai algun tempo. Curioso.

E unha maravilla pasear :)

Bicos

Eva Rei said...

Que lembranzas me trae a ponte de San Roque... a de veces que eu me bañei aí de pequena, e cantas outras miña nai aproveitaba para lavar a roupa no río e poñela ao clareo mentres nos bañabamos e tomabamos o sol...
Fermosa foto e fermoso sitio.

peke said...

A escultura da árbore é unha pasada.

Manuel L. Rodrigues said...

Vaia reportaxe fotográfica... A escultura da árbore xa a coñecía...

Pau said...

O importante é pasalo ben, ainda que olo camiño te encontres horteradas como a dos reloxos

Roxiña said...

pois pasalo ben é o importante. :)


Un saúdo.