leoeosseus

mércores, 14 de decembro de 2011

Lenda de Xixona



Estamos en tempos de turrón e non podo resistir a tentación de relatar a lenda da criación do turrón de Xixona. Seica hai un feixe de anos un rei de Xixona casou cunha moza escandinava que estaba sempre triste a pesar de que o rei lle daba todo. O rei preguntoulle o motivo e a raíña respondeulle que botaba de menos o branco das paisaxes do norte. Que fixo o rei ?. Mandou cortar as laranxeiras e o trigo da zona e plantar amendoeiras. Cando chegou a primavera os campos estaban cheos de flores brancas para ledicia da raíña e todo semellaba rematar ben. Pero chegou o fin do verán e os campesiños tiñan améndoas pero non tiñan pan por non haber trigo. Foron coas súas queixas ao rei e este chamou aos sabios da corte. Un deles deu coa solución facendo unha masa coas avelás moídas misturadas con azucre que acabou coa fame, agradou a todos e deu na criación do turrón.

O que me resultaba coñecida desta lenda é a primeira parte que descubrín hai tempo.

Sexa como sexa,a desfrutar dos dóces do Nadal !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 14/12/11, 23:04 , Blogger Dilaida dixo...

Fermosa lenda.
Bicos

 
Ás 14/12/11, 23:43 , Blogger Mer dixo...

qué bonita lenda! non a coñecía

 
Ás 15/12/11, 00:35 , Blogger Rosa Varela dixo...

A min tamén me soa a primeira parte, que sempre relacionei coa Alhambra de Granada. De pequena contábanme historias de reis moros e raíñas morriñentas.

 
Ás 15/12/11, 11:04 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Fermosa lenda e saboroso invento. Adoro o turrón, pero só os clásicos: duro e brando (ou Xixona e Alicante)

 
Ás 15/12/11, 14:07 , Blogger Paz Zeltia dixo...

É tan linda a lenda que case me fai chorar.

o que un non fará cando ama...!
o que un é capaz de ver cando o desexa...!

uns son capaces de cambiar as flores brancas en troques da neve,
outros xamais disfrutarían das amendoeiras en flor obstinados na súa arela de neve.

inda me vai dar para pensar esta fermosa lenda.
nestes tempos onde a maxia e a poesía só se vende tralos mostradores e os andeis dos centros comerciais,
parece que presta máis...

 
Ás 16/12/11, 01:24 , Blogger paideleo dixo...

Dilaida: por fermosa póñoa aquí.
Mer: é bonita. Eu coñecín hai tempo unha semellante noutro lugar como poño na ligazón. Supoño que tras tantas lendas haberá unha base real.
Rosa Varela: pode ser porque o rei de Xixona tamén era mouro.
Eva G. Rei: eu son chocolateiro e gústame o do chocolate e o brando e máis agora sabendo que ten máis froitos secos. O duro xa é duro para os meus dentiños.
zeltia: non é para chorar pero está ben. Está visto que o amor todo o pode anque soe cursi.
Non está de máis descubrir as lendas e historias que traen detrás as diversas celebracións que nos mostran o que temos de marabillosos e máxicos os humanos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio