leoeosseus

luns, 2 de abril de 2007

Folleto relixioso



Hai uns días recibimos a visita dunhas Testemuñas de Jehová que deixaron un papel onde convidaban a coñecer a Xesuscristo. No papel había un enderezo na interrede e busquei para coñecer un pouco de que vai esta xente. O máis curioso para min foi topar a listaxe de idiomas dispoñibles: 310 !. Busquei o galego pero non estaba pero tampouco aparecían nin catalán nin basco. Iso si; aparecían idiomas ben curiosos que eu non coñezo de nada e outros que case se entenden de todo como o papiamento.

Na foto sae unha prostituta diante dun edificio relixioso: "un prostituta dilanti di edifisionan religioso", en papiamento.

Etiquetas: ,

12 Comments:

At 01:32, 03/04/07 , Blogger Paco Penas said...

O papiamento é un idioma ben curioso. Se lle presta un chisco de atención ao Leo, cousa que non dubido, non tardará en aprendelo :-)
A túa curiosidade é invidiable.

 
At 03:55, 03/04/07 , Blogger moucho branco said...

Son uns señores moi simpáticos que sempre te paran cun sorriso de orella a orella?... pois son majetes, pero moi palizas con que coñezas a un tal Suso, debe ser a caña o Suso este para poñerse así tan pesados.

 
At 13:04, 03/04/07 , Blogger Mario said...

Pois tirando de wikipedia resulta que o papiamento é un idioma crioulo do Caribe que mestura portugués e español con algo de holandés. Así que xa se pode entender, xa.

 
At 17:49, 03/04/07 , Anonymous Anónimo said...

Vaia flipada, tenhen cada lingua mais rara... eso si como ben dis galego nada, é unha pena se o houbese o mellor ata me facia da secta esa, jeje. con esas paranoias tan guapas que tenhen a ver quen se nega! un día vinheronme uns a min e van e dinme: " que te parecería un mundo sin ruedas?" cun folleto de autoestradas ardendo cheas de neumaticos.. eso si que é revolucio carallo e o demais caralladas! jejeje.

 
At 23:09, 03/04/07 , Blogger Mr Tichborne said...

¿déronche o mesmo papel que a Ghanito (http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2007/04/02/mais-spam/ ,le o do final) e o que recibín eu en Alemaña? xa empezo pensar nun compló. Conspiranoia!!!

 
At 15:39, 04/04/07 , Blogger Torreira said...

Coídese das testemuñas do señor...

 
At 19:36, 04/04/07 , Blogger Mrs.Doyle said...

Será que en galego non teñen moitos adeptos... porque se os tiveran editarían en galego. Iso seguro.

 
At 23:16, 04/04/07 , Blogger Mr Tichborne said...

convideino a vostede a un xoguiño: http://ningures.blogspot.com/2007/04/fornicancins_04.html
que Leo mire para outro lado...

 
At 15:32, 05/04/07 , Anonymous Anónimo said...

Ai quen se aburre e ten que pasar o tempo facendo lavados de cerebriño, por sorte non todos se deixan, respetando a todo o mundo, que cada un apañe co que elixa pero que den o dereito a poder elexir...
Bqñs

 
At 15:56, 05/04/07 , Blogger torredebabel said...

Logo que non se queixen se non teñen clientes galegos!

 
At 21:13, 05/04/07 , Anonymous Anónimo said...

Sempre me pareceron uns pesados estes que se empeñan en facer proselitismo.

 
At 22:46, 05/04/07 , Blogger paideleo said...

Supoño que non empregarán nin o galego nin o basco nin o catalán porque falan de asuntos mui "serios" e estes idiomas non servirán para os seus propósitos.
Iso si, despois empregan cada idioma minoritario que é para extrañarse.
Bueno, alá eles. Eles ofrecen e os demáis collen se queren.

Graciñas pola visita nesta época de vacacións e a desfrutaaaaar.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio