leoeosseus

domingo, 13 de maio de 2007

Artigo no Progreso de Lugo


LEO SALGUEIRO. 7 meses.


No habla, no escribe y ni siquiera camina, pero ya tiene su blog. Es Leo, uno de los bebés más conocidos entre los blogueros. Además, heredó el cuaderno de bitácora que tenía su padre, Pedro Salgueiro, su voz en la red. " Empecei o blog cando estaba en Estados Unidos e falaba de min e dos americanos. Coincidiu que a miña muller estaba embarazada e tocounos a volta a Galicia. O blog, cuxo enderezo era http://eueoseeuu.blogspot.com/, tivo que cambiar de nome e pasou a ser http://leoeosseus.blogspot.com/ para seguir co trabalinguas. Desde aquela, a evolución de Leo é o motor principal do blog e quero seguilo como unha especie de diario seu mentres non poida escribir el o que queira ", comenta Pedro, que cree que los blogs también pueden ser cosa de niños. " Anna Frank era unha nena cando escribiu o seu diario ", razona.

E isto foi o que apareceu o domingo 29 de abril de 2007 en El Progreso de Lugo.
Ó Leo xa lle asoman os dentiños de abaixo que saíron o cinco de maio e anda máis rallante que nunca e pasa malas noites. De tódolos xeitos non ten febre e as molestias son puntuais. En canto ós mobles da cociña dicir que case, case están rematados despois de furar de máis e repetir intentos de colocación de mobles altos e despois de picar un tubo de auga coa correspondiente visita do fontaneiro. En fin, unha enleada de mil pares que por fin xa está rematando.
E máis nada, a ver se normalizo o meu ritmo blogueiro.

Etiquetas: ,

16 comentarios:

Ás 19:58, 13/05/07 , Blogger mamiago dixo...

felicidades Leo

 
Ás 20:33, 13/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Está que dá xenio velo! E a ti nótaseche feliz a pesar dos mobles.

 
Ás 20:43, 13/05/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Parabéns!

 
Ás 20:52, 13/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Qué gusto da veros os dous, tan guapos e tan parecidos...!!!
Miles de bicos

 
Ás 23:30, 13/05/07 , Blogger Suso Lista dixo...

¡Vaia par de dous!, je je, eso chámase felicidade, e non as andróminas que contan por ahí, esesque queren vender libros pra sermos felices. Bicos pra todos

 
Ás 00:14, 14/05/07 , Blogger *Sara dixo...

Que gusto lerte e vervos así de ben!! Seguro que Leo se sentirá moi orgulloso deste agasallo tan entrañable que lle fas. Dentro duns aniños, poderá ler todos os nosos comentarios, os nosos "ai, que neno tan riquiño...!" e ata as túas entrevistas. Que fermoso...!!
Por certo, Mariquiña a París. Eu, a Southampton.
Bicos pa' repartir!

 
Ás 01:34, 14/05/07 , Blogger Unknown dixo...

vaia pingas de auga... como dicían na miña vila... bendita la rama que al tronco sale.!!! que se che críe para ben, e como din por tenerife cada vez que vén a un bebé pola rúa, que dios lo guarde, mi niño!!!

 
Ás 12:06, 14/05/07 , Blogger leco dixo...

OHHHHHHHHHHHHHHHH!!!!!!!!!
Que lindo é e que lindo está!!!!!!!!!!!!!!
PARABENAZOS!!!

 
Ás 12:21, 14/05/07 , Blogger Veloso dixo...

Vese que está contento Leo. Por non falar da cara de orgullo do seu pai. Que sigades así de felices, e a ver se regulariza o do sono das noites.

 
Ás 22:12, 14/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Dá xenio vervos!!!! Que sorriso!!!

 
Ás 00:15, 15/05/07 , Blogger Nemeth dixo...

que repoludo está o Leo! que feitiño é... Parabéns aos dous

e a ver se o normalizo eu tamén o ritmo blogueiro!

 
Ás 00:48, 15/05/07 , Blogger torredebabel dixo...

sodes un dúo de guapos e de simpáticos! moito merecedes sair nos xornais. Apertas e parabens para a co-autora de tanta ledicia!!

 
Ás 12:35, 15/05/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

vaia! que pequerrecho e que feitiño.

 
Ás 15:37, 15/05/07 , Blogger Andrederabal dixo...

noraboa ós dous.parecedesvos moito!!!!!!

 
Ás 03:32, 16/05/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Ogallá todo ese cariño que recibe o Leo lle sirva de escudo contra os males do mundo. Non hai millor vacuna que o amor para un neno.
Bicos e apertas.

 
Ás 17:39, 16/05/07 , Blogger TXARI dixo...

dende logo que será umha das pessoas que jà conte a súa vida dende denantes de nacer!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio