leoeosseus

sábado, 23 de xuño de 2007

Costumes de san Xoán

Hoxe é a noite das fogueiras de San Xoán. Esta noite é mui especial e máxica. Tanto vale para amañar a infertilidade das mulleres bañándose na praia da Lanzada como para darlle a felicidade a unha rapaza se lle dá de beber unha pinga de auga a unha lavandeira. Esta noite quéimanse monecos e co fume purifícase o corpo se saltas por riba da fogueira. Esta tamén é a noite das sardiñas e da troula.
Por esta zona o costume é pasar a rapazada a noite roubando carros e cancelas das casas e levalos a unha praza ou, como na foto do ano pasado, a unha rotonda ou unha fonte ou un cruce de camiños. De cada vez hai menos carros e xa valen remorques ou carretillos ou contedores de lixo. O caso é roubar algo.
Pois iso; pasa boa noite.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 04:07, 24/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Roubar, roubar... Iso non é roubar. É pedir prestado, coa voz ben baixiña. A pasalo ben esta noite. Eu ao mellor queimo un xornal e chimpo por riba del.

 
Ás 12:42, 24/06/07 , Blogger Torreira dixo...

Purifíqueseme pois pai pai.Apertas

 
Ás 00:59, 25/06/07 , Blogger mamiago dixo...

Qué forte, pero si é aquí mesmiño. Non creo que os que llo fixeran parecéralle moi ben...

 
Ás 11:12, 25/06/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Na miña zona tamén había moito costume de andar na noite de San Xoán ás cancelas. Agora foise perdendo, din que como xa non hai mocedá... pero ben está lembralo e que nos saque o sorriso de vez en cando.
Bicos!

 
Ás 13:06, 25/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

eu paseina cos vecinhos entre sardinhas e panceta.... gusto máis da panceta... Eu para facer esas trastadas non precisaba esas excusas, máis gustame a idea de roubar na noite de san xoan... si si. hehehe.

 
Ás 17:58, 25/06/07 , Blogger TXARI dixo...

día especial, e máis especial a nuite, sempre acontece raro...nom sei, o día mágico do ano para min...

 
Ás 21:41, 25/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai Acedre o que ti non contes...O voso fillo nunca se vai aburrir cun pai sabedor de tantas historias.

Biquiños

 
Ás 22:18, 25/06/07 , Blogger paideleo dixo...

Onte fixen un percorrido pequeno e non había muitos sinais da noite de san Xoan. A rotonda da foto estaba limpiña e sen nada e só acertei a mirar unha cancela pendurada dunha árbore.
Creo que se vai perdendo o costume.

Graciñas a todos polas vosas palabras.

 
Ás 23:07, 25/06/07 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Nós xa non roubamos nada, pero o que si que se adoita facer pola miña zona é cortar os camiños con pedras ou troncos para que non poidan pasar os coches

 
Ás 02:15, 28/06/07 , Blogger torredebabel dixo...

Os tempos mudan e as festas afanse ás novedades. Eu, ao lonxe, disfruto moito desta noite (bueno, das crónicas do día seguinte). Chegará o ano no que me toque estar alá...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio