leoeosseus

sábado, 16 de xuño de 2007

Loa a Ana


Mañá cúmprese un ano da nosa volta dos EEUU. Foron tres anos naquelas terras que quedarán para sempre na nosa memoria. Pasar ese tempo alá e muitas máis cousas débollas á rapaza da foto. Unha rapaza que medrou e que se converteu no motor que saca o que teño de bo e que purra por min. Unha rapaza cariñosa, comprensiva e traballadora coma unha formiguiña. Unha rapaza que quero anque non llo diga a miudo. Unha rapaza que merece un imperio por ser como é. Xa o adiviñaches; esa rapaza é Aniña.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 02:09, 16/06/07 , Blogger mamiago dixo...

!qué bonito! rapaza telo no bote.
Por certo, teño unha cousiña que vos vai encantar:
http://amis95.blogspot.com/

 
Ás 03:18, 16/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

e esa rapaza ten a gran sorte de ter a un rapaz tolamente perdido por ela. aledame moito ler isto. como di mana: amar es combatir!
Saudos para os tres!

 
Ás 13:14, 16/06/07 , Blogger Elianinha dixo...

Oe, que lindo. Non llo dis a miúdo, pero agora xa o sabemos todos os blogueiros ;) É xenial ter un motor que tire dun cando é preciso. Por moitos anos máis! (aquí, alá e onde faga falta)

 
Ás 13:24, 16/06/07 , Blogger besbe dixo...

:) ao mellor non llo dis, pero está claro que llo demostras. hoxe bicos para ela!

 
Ás 14:50, 16/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois dillo máis amiúdo, home, que esas cousas sempre gusta escoitalas. ;)

 
Ás 17:58, 16/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que cousiñas máis bonitas para dicir de alguén, cariñosa, comprensiva e traballadora coma unha formiguiña.

Non entendo moi ben o cariño con que segues a falar dos USA ;) Imaxino que o tempo me dará outra perspectiva, e tampouco traio eu o bo agasallo voso.

Pois xa sabes, dalle o imperio do acedre!!!

 
Ás 18:30, 16/06/07 , Blogger Ra dixo...

El motor...qué hermoso.
Besos para los 3

 
Ás 10:50, 17/06/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois dillo de cando en vez, inda que todo iso que dis dela é porque o sintes ben adentro i eso demóstrase cada día, non fai falla dicilo.
Noraboa por ser merecedor dunha muller como esa que tes ao teu lado.
bicos para e para ela, e por suposto para o Leo.

 
Ás 09:09, 18/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitos bicos para a mai de Leo ( e para volos dous tamén)

 
Ás 11:19, 18/06/07 , Blogger paideleo dixo...

A Aniña cando leu isto dixo: Boh...parviño.

Graciñas a todos polas vosas palabras e os bicos serán dados.

 
Ás 19:22, 18/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois hoxe fai algo máis dun ano que me enganchei a ler os teus post. Xa é como se vos coñecera. Un bico.

 
Ás 00:08, 19/06/07 , Blogger paideleo dixo...

Pois agora teño eu curiosidade por saber algo dese anónimo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio