leoeosseus

xoves, 5 de xullo de 2007

O Roto


A imaxe de hoxe corresponde ó camión de " O Roto ". Nin el sabe de onde ven o seu alcume de familia de toda a vida. O camión de " O Roto " ten a típica cabina co calendario dunha moza con pouca roupa, un San Pancracio nun recanto e unha neveira enooorme conectada ó chisqueiro do camión.
A primeira vez que o mirei a el levei unha sorpresa grande pois pareceume o Rubalcaba pero con funda de traballo. Agora pasou o tempo e fomos collendo confianza. Hoxe toqueille os bíceps e díxenlle: - " Carallo, de aquí sacan o ferro para facer os barcos. Eu que pensaba que o sacaban das canteiras ". O Roto mirou para min e botouse a rir.
Din que cando un empeza de novato nun choio vale menos que a máquina de café. Por iso me gusta integrarme cos compañeiros e subir de valor... Supoño que agora xa valerei como a máquina dos bocatas.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 23:44, 05/07/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Moi bo eso que lle dixetes o Roto. Segura que xa tes un colega de por vida.

 
Ás 00:10, 06/07/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Bo exemplo de que o cotián é o máis relevante que nos pasa cada día. Non só lle gabaches a musculatura, eleváchelo ao olimpo do teu blog, débesllo ensinar. Entón seguro que vales máis que toda a empresa. Polo menos para el.

 
Ás 10:42, 06/07/07 , Blogger Andrederabal dixo...

sempre tes cousas -textos ou fotos-coas que me parto o cú.com perdón.

 
Ás 14:47, 06/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

como molan eses camioneiros dos de antes. co seu poster da venus de milo sen mans, o san pancracio, etc. Xa quedan poucos deses, o postmodernismo vainos borrando. Dalles un saúdo "o roto" e tranquilo que logo te adaptas porque cos traballadores de gremios así un adaptase rápido xa que son un compendio de sabiduria e xenerosidade (adaptome eu que son un vago e desertor do arado...)
Saúdos e animo co choio!

 
Ás 14:52, 06/07/07 , Blogger TXARI dixo...

todo neste mundo tem escalas, a xerarquía do esforzo....

 
Ás 19:44, 06/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Si que é curioso iso dos alcumes. Por que lle chamarán a ese home O Roto? Pícame a curiosidade.

 
Ás 22:15, 06/07/07 , Blogger OSIÁN dixo...

Os novatos son moi importantes nas organizacions porque non están contaminados é descubren erros producidos nos sistemas por vivir acomodados. Só necesitan confianza e non deixarse atrapar polos veteranos que queren neutralizalos, para que todo siga igual. Un novato e un innovador que se convirte nunha persoa imprescindible para avanzar no camiño da mellora continua.
Unha aperta

 
Ás 22:28, 06/07/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Grazas polos ánimos.

 
Ás 00:54, 07/07/07 , Blogger Torreira dixo...

Menos cunha maquina de café Paideleo...ti estas tolo compañeiro (vales moito mais que todas as maquinas de café do mundo).Coídese

 
Ás 22:51, 07/07/07 , Blogger mamiago dixo...

nene, ti vales moito

 
Ás 01:49, 08/07/07 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Solidarízome coa causa dos novatos... Tesme que aprender esa técnica para subir postos, eh? Jajaja. Estou segura de que con esas cousas tan divertidas que contas xa te tés gañada a media empresa ;)

 
Ás 13:57, 10/07/07 , Blogger Mario dixo...

Aínda me lembro da impresión que levei de pequeno ao subir por primeira vez á cabina do camión do meu tío. Durante un par de días tiña clarísimo que había ser camioneiro. Despois xa me explicaron que era ben máis duro do que parecía.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio