leoeosseus

venres, 3 de agosto de 2007

Cow parade e Horse Parade

Bueno, xa está ben de fotos en branco e negro e con mal tempo que estamos no verán.

No mesmo lugar de Vigo teño eu esta foto da " cow parade " ou exhibición de vacas deste verán. E teño que dicir unha cousiña. Eu estou de acordo con que disfracen as vacas de Cristobo Cowlón ou que as poñan de pé ou surfeando. O que me parece mal é que lle poñan seis tetos no canto dos catro regulamentarios. Xa está ben, non sei onde iremos parar...

E embaixo poño outra foto de hai tres anos dunha mostra de cabalos coa representación dun cabalo representando a España na costa de Carolina do Norte, concretamente en Nags Head que vén a significar Cabeza de Egua.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 18:45, 04/08/07 , Blogger Peke dixo...

O das vacas de Vigo foi moi comentado, incluso criticado.

 
Ás 01:19, 08/08/07 , Blogger torredebabel dixo...

saístedes moi guapos!!!!!
Aqui na Arxentina, tamen houbo unha mostra de vacas pintadas e debuxadas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio