leoeosseus

xoves, 2 de agosto de 2007

Cal moza é a avoaE ?



Esta foto foi tirada na rúa do Príncipe en Vigo hai unha chea de anos. Alí había un fotógrafo e raro é o vigués daquela época que non teña unha foto feita aquí. A foto gústame pola frescura que desprende e o guapa que sae a avoaE. Adícolle esta foto porque onte estivo de cumpreanos.

Unha adiviña; sabendo que a avoaE era a máis guapa do grupo sabes cal delas será ?. Podes ampliar a foto clicando nela.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 02:26, 02/08/07 , Blogger rosa enriquez dixo...

Vaia, parece que son a primeira, que difícil adiviñar pero voume tirar da moto a ver se atino. A min paréceme que a máis guapa é a do pano na cabeza. Acertei?
Gústame o teu blog e as fotos que pos son moi chulas. A que máis me gusta? Ese neno repoludo sentado na area. Parece moi satisfeito. Un saúdo.

 
Ás 10:56, 02/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

eu non concordo con Rosa, diría mais ben a que está xusto no medio da imaxe co paraugas na man.
Ainda que ese peiteado...

Acedre, quedo moi intrigado por saber cal é a resposta axeitada...

 
Ás 12:02, 02/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Por parecidos, eu diría que a do medio, dacordo con gahnito, a do peiteado "chulo". Crispress.

 
Ás 12:40, 02/08/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Eu diría que a do medio, a do pelo cardado é a máis guapa... Pero para non esquecer tampouco a cara e o sorriso de moza galega da que está á dereita de todo!
Bicos!

 
Ás 13:45, 02/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

A min tamén me parece a do medio, a do cardado, pero todas son guapas, caraina. É difícil escoller.

 
Ás 14:25, 02/08/07 , Blogger Basho dixo...

Pois é uma adivinha doada: é a mais guapa. 'Ta claro!

 
Ás 15:34, 02/08/07 , Blogger La queue bleue dixo...

Pois eu concordo com rosa enriquez. A do pano na cabeça. :P

 
Ás 22:16, 02/08/07 , Blogger Suso Lista dixo...

O mais importante da foto é, que absolutamente todas rin. Cars de felicidade.

 
Ás 00:36, 03/08/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Pois si que é guapa a avoaE. ¿Sería casualidade que a puxesen no medio? A pose e o sorriso de todas son magníficos. A foto ten moito "charme".
Saúdos.

 
Ás 00:54, 03/08/07 , Blogger mamiago dixo...

Nin idea, pero cantas rapazas xuntas...!!!

 
Ás 22:28, 05/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu penso que a do medio, pareceste bastante e se non a segunda empezando pola dereita...
Bqñs.

 
Ás 01:16, 08/08/07 , Blogger torredebabel dixo...

ainda que todas elas son guapas, eu digo a do medio... Pero non me fagades caso, sempre perdo nestas cousas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio