Novo ano, vellos tempos

Etiquetas: familia I

Etiquetas: familia I

Etiquetas: familia I, lingua III
Etiquetas: familia I

Hoxe puiden ver o irmán ou irmá de Leo por primeira vez nunha ecografía. Pensei que ía levalo con máis tranquilidade porque non era a primeira vez que vía unha ecografía pero emocionoume igual cas outras veces. A criatura é mui pequena ( imaxina: o fémur mide dous centímetros de longo ) pero estaba chea de vida e ata intentaba tapar cunha man a luz que lle chegaba dende a cámara. É unha sensación indefinible poder ver o corazón, os pés, as mans e a cara dun ser case imperceptible para min ata hoxe. Foi mágoa que xuntase tanto as perniñas que non houbo xeito de mirarlle se é neno ou nena. Supoño que quedará para a seguinte ecografía que xa me tarda.
A foto é dende o hospital cando naceu o Leo hai máis de dous anos.
Etiquetas: familia I

Pois hoxe o naipelo fai dous anos e podemos dicir que o dito " un ano andante, dous anos falante " ten razón co Leíño pois xa fala bastante. Repite tódalas palabras que se lle din anque ao seu xeito, está claro. Falla co " l ", " rr " e coas palabras longas e os grupos consonánticos. E aparte ten unha chata curiosa pois non pronuncia, de momento, o " e " que o di " a " ou " i ". Di perfectamente mono ou patata pero o seu nome é " ío " e un avó é " piro " e outro " pocho ". Os Simpson son " sixo ", Mickey e Vicki son " Piki " os dous e ten unha xirafa " fafa ". Para galleta di " teta " ( a única palabra que di con " e " ) e a teta é " tita ".
Hoxe pasouno en grande cos curmáns e algúns amigos máis e os maiores tamén o pasamos ben desfrutando en Arbo dun serán morniño de fin de setembro máis agradable que muitos días deste verán.
No brinde brindei por Leo e por nós todos e deixei caír a sorpresa bomba de que o Leíño espera un irmán... ou irmá.
A figura da foto faime lembrar a Bern Chich. Bern Chich é un home elegante, de falar pausado e ollar clarísimo. Segue un horario espartano de madrugóns e unha dieta estricta. Percorre o seu territorio unha e outra vez e ata hai pouco facíao lendo noveliñas de vaqueiros e supoño que lle gustaría semellarse a un deles. Gustaríame darlle as terras do Baixo Lour cultivadas con uva e cenorias e abeiradas por un mar rico en mariscos e con rías estreitas que non asustasen a bandas de música que cruzan en barcaza. Gustaríame.
E de tal home non poderían saír malos fillos e tíoNan é un exemplo de xenerosidade, bó humor e sempre disposto a botar unha man. A raíña Kasege ten sorte e nós tamén.
Graciñas, tíoNan, por seres como és.
Etiquetas: familia I

Hoxe Ana deume unha alegría porque me regalou un libro. Aniña ten deses detalles sorpresa que fan dela que sexa marabillosa.
E para celebrar o día do libro poño unha foto que fixen pola imaxe que me chocou e que ogallá estivese máis extendida. Na foto saen un grupo de cinco amigas ben noviñas que mercaron cadanseu libro no aeroporto e que se poñen a lelo mentres agardan polo avión.
Etiquetas: familia I


Hoxe quixemos osixenarnos na praia e xogamos nela en boa compaña e non faltou nin o Colín que anda lixeiro e delgado desde que lle cambiamos a dieta. Como vou camiño dos corentadous e non teño práctica con xogos da pelota deume un tirón na perna dereita pero non é nada.
O malo e que mañá virá a chuvia de novo.
Etiquetas: colin, familia I, interrede II

Hoxe luns queriamos ver a comparsa Colores pero non puido ser. Había cousas que facer e o tempo tampouco animaba. Terá que quedar para outra ocasión.
Na foto estamos Leo máis eu o sábado. O Leíño non o pasou mui ben que tiña medo de tanta xente e tanto ruido.
Ah, case o esquezo. Viñeron dúas nenas veciñas disfrazadas de demo pedindo pola porta e dixeron: " Trato o truco ? ". Case me dá algo.
Etiquetas: familia I, vilaguindastre I

Remataron as festas con chuvia de agasallos por parte de Papa Noel e os Reis Magos. O Leo non apreza os xoguetes e faille máis caso a un corcho dunha botella que a un moneco. Bueno, está na idade, non ?.
O mal tempo parece que segue con nós. Pero tamén cantei a noite de Reis cancións do karaokiño en boa compaña e iso merece un castigo divino en forma de chuvia. Pido perdón.
Etiquetas: curiosidades II, familia I, leo II
Segue a chover neste inicio do ano 2008 e a cabalgata dos Reis seguro que se suspende en muitos lugares. Os nenos non verán chegar os Reis cos agasallos pero seguro que os ven pasar de volta outro día. A cabalgata é un espectáculo vencellado aos Reis así como é costume deixarlle auga nun caldeiro e un pouco de herba ou palla na fiestra para que beban e coman os camelos dos Reis. Eu facía iso hai ben anos e non cuestionaba nada. Deitábame e durmía para que me deixaran agasallos os Reis ata que unha noite de Reis espertei cun ruido e mirei a meu pai metendo unha bici no meu cuarto. Á mañá pregunteille a meu pai que facía el coa bici de noite e meu pai contoume toda a verdade. Contoume que os Reis tiñan présa e que deixaran a bici na porta da casa e que el meteuna no meu cuarto. Aquel día descubrín que os Reis tiñan aos pais como axudantes.Etiquetas: etnografia I, familia I


Etiquetas: familia I

Etiquetas: familia I, traballo I

Onte tivemos un acontecimento onde se empapela o veículo dos protagonistas.
Que o futuro lles sexa propicio.
Etiquetas: familia I

Onte a familia recibimos unha visita especial do curmán Juan que fixo o camiño de Santiago cuns veciños. E non, non é o da foto; tirada precisamente pola súa dona Bea no 1999.
Juan é un home mui agradable, cun falar alegre e o sorriso eterno na boca. O seu idioma é o mallorquín e aprendeunos a dicir cóxegas na súa lingua: coxigales ou algo así. Esta forma engádese ás tiligas que se din por terras de Acedre e as cóxicas que se din pola zona de Arbo. En inglés chámanse tickles pero a forma que sobrepasa a todas con diferenza é a basca co seu kilikili. Unha forma expresiva e rotunda coma unha gargallada.

Etiquetas: familia I

Esta foto foi tirada na rúa do Príncipe en Vigo hai unha chea de anos. Alí había un fotógrafo e raro é o vigués daquela época que non teña unha foto feita aquí. A foto gústame pola frescura que desprende e o guapa que sae a avoaE. Adícolle esta foto porque onte estivo de cumpreanos.
Unha adiviña; sabendo que a avoaE era a máis guapa do grupo sabes cal delas será ?. Podes ampliar a foto clicando nela.
Etiquetas: familia I