leoeosseus

luns, 16 de xuño de 2008

Bern Chich



A figura da foto faime lembrar a Bern Chich. Bern Chich é un home elegante, de falar pausado e ollar clarísimo. Segue un horario espartano de madrugóns e unha dieta estricta. Percorre o seu territorio unha e outra vez e ata hai pouco facíao lendo noveliñas de vaqueiros e supoño que lle gustaría semellarse a un deles. Gustaríame darlle as terras do Baixo Lour cultivadas con uva e cenorias e abeiradas por un mar rico en mariscos e con rías estreitas que non asustasen a bandas de música que cruzan en barcaza. Gustaríame.

E de tal home non poderían saír malos fillos e tíoNan é un exemplo de xenerosidade, bó humor e sempre disposto a botar unha man. A raíña Kasege ten sorte e nós tamén.

Graciñas, tíoNan, por seres como és.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 17/06/08, 12:03 , Anonymous Anónimo dixo...

TIO NAN COMO TI DIS E MUI ESPECIAL E NON SO PARA A FAMILIA SENON TAMEN PARA QUEN TEMOS A SORTE DE SER AMIGOS SEUS I SEMPRE ATOPA UN XEITO DE FACERTE RIR, AINDA QUE NON QUEIRAS. BIKOS TIO NAN

 
Ás 17/06/08, 16:09 , Blogger Fada Branca dixo...

moi curioso o home

 
Ás 17/06/08, 17:14 , Blogger d´Agolada dixo...

Pois si que é curioso si. Un saúdo

 
Ás 18/06/08, 19:51 , Blogger Lapis-vermello dixo...

É moi curioso. Saúdos.

 
Ás 18/06/08, 23:39 , Blogger Cuspedepita dixo...

¡Que fermoso post! Rezuma agarimo :-)
Seguro que tedes sorte de ter preto ao tio Nan e a raíña, pero eles tamén seguro que teñen sorte de tervos a vós.

Apertas para toda a familia :-)

 
Ás 19/06/08, 02:41 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

paideleo,non mo podo crer, bo o certo é que algo retorcido o relato si que esta. Se pasas polo meu blog poderás ver as respostas


Tio nan parece un tio especial, tes sorte

Un saudo A.Cris

 
Ás 19/06/08, 23:03 , Blogger Bea dixo...

A verdade e que estou dacordo co de que o nome é ben curioso!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio