Tartaravoa Mercedes
Hai días que hai sorpresas e onte foi un deses días. Puiden facer esta copia dixital da tartaravoa Mercedes que fixo esta foto co seu fillo maior para mandarlla ó seu home Pepe que estaba na Arxentina no ano 1912. Esta é a foto máis antiga que temos da familia e publícoa para pedir o fin da violencia entre homes e mulleres. Ó fin e cabo todos somos metade home e metade muller, nonsí ?.
Etiquetas: familia I
7 comentarios:
Opinamos lo mismo
Foto entrañable,paradigma dunha época. Subscribo a túa intención.Saúdos
Que foto máis bonita.
O meu 50%masculino aplaude e a parte femenina dache as gracias,que ben sendo o mesmo.........
apertas.
Un propósito moi bo e unha foto cargada de historia. Moi bonita
Gostei diso que dis de ser metade e metade ;)
A min esas fotos tan antigas fascínanme, é como abrir un furado no tempo e estabelecer contacto con xente que, dalgún xeito, é moi parecida e moi diferente a nós.
Non a violencia entre humanos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio