leoeosseus

sábado, 27 de setembro de 2008

Dous anos e sorpresa !






Pois hoxe o naipelo fai dous anos e podemos dicir que o dito " un ano andante, dous anos falante " ten razón co Leíño pois xa fala bastante. Repite tódalas palabras que se lle din anque ao seu xeito, está claro. Falla co " l ", " rr " e coas palabras longas e os grupos consonánticos. E aparte ten unha chata curiosa pois non pronuncia, de momento, o " e " que o di " a " ou " i ". Di perfectamente mono ou patata pero o seu nome é " ío " e un avó é " piro " e outro " pocho ". Os Simpson son " sixo ", Mickey e Vicki son " Piki " os dous e ten unha xirafa " fafa ". Para galleta di " teta " ( a única palabra que di con " e " ) e a teta é " tita ".


Hoxe pasouno en grande cos curmáns e algúns amigos máis e os maiores tamén o pasamos ben desfrutando en Arbo dun serán morniño de fin de setembro máis agradable que muitos días deste verán.


No brinde brindei por Leo e por nós todos e deixei caír a sorpresa bomba de que o Leíño espera un irmán... ou irmá.

Etiquetas: ,

44 comentarios:

Ás 28/09/08, 00:17 , Anonymous Anónimo dixo...

parabéns ao leiño e aos seus pais :)

 
Ás 28/09/08, 01:10 , Blogger besbe dixo...

parabéns, da gusto ver como a familia vai medrando. Seguro que o Leo vai ser un bo irmán maior :)

 
Ás 28/09/08, 02:14 , Blogger Lúa dixo...

NORABOA!!! xa terá con quen xogar, apertas!

 
Ás 28/09/08, 02:19 , Blogger Antón de Muros dixo...

Parabéns!
Agora vexo por que traballas tanto na vendima: para aforrar e ter cartos para a familia, que medra e medra...

Moitos saúdos.

Antón.

 
Ás 28/09/08, 03:01 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Pois moitas felicidades para o leíño, sen dúbida mereceas. Unha aperta

 
Ás 28/09/08, 09:50 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

P A R A B E N S!!!, É unha boa nova.

Unha aperta.
:)

 
Ás 28/09/08, 10:25 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Felcidades! esto si que es una sorpresa, nos alegramos mucho por vosotros y por Leo y para el un beso muy grande por su cumpleaños, tiene un regalo en nuestra casa, si podéis, venir una tarde cualquiera, o ya os lo mandaremos por Ines o Cris
¡Felicidades! ¡Felicidades! ¡Felicidades!

 
Ás 28/09/08, 11:30 , Blogger fgul dixo...

Manda carallo!!!

...e solucionará o mantedor deste blog o problema demográfico galego???

Parabéns en todo caso

 
Ás 28/09/08, 12:35 , Blogger insomniorizar dixo...

Noraboa!
jejej, vaia sorpresa, e que alejría!
Pois agora a ver como mudas o nome do blogue! Haberá cambio?

 
Ás 28/09/08, 12:51 , Blogger La queue bleue dixo...

Que guai, outro bebé, parabéns! :D :D

 
Ás 28/09/08, 15:12 , Anonymous Anónimo dixo...

Vos sempre asi eh, de sorpresa en sorpresa... Noraboa!! .... Isto... temos que vernos xa, eh?
Cris y Toño

 
Ás 28/09/08, 15:14 , Blogger mamiago dixo...

Felicidades!

 
Ás 28/09/08, 15:58 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parabéns ao Leo pelo aniversário e pelo maninho que vem a caminho.
Ter um filho é uma benção divina, imagine dois.
Um abraço e parabéns também para si e sua esposa.

 
Ás 28/09/08, 18:39 , Blogger rui dixo...

Noraboa, ao pequeno e a vos os dous, así logho cheghamos aos tres millóns!

 
Ás 28/09/08, 19:47 , Blogger Torreira dixo...

Parabens gran pai (e ao leo tamén)

 
Ás 28/09/08, 19:51 , Blogger Os nenos dixo...

Noraboa paideleo!!!!!!

Os nenos

 
Ás 28/09/08, 20:22 , Blogger busto.agolada dixo...

O Leo pode estar de noraboa, polo aniversario e polo irmán, que segundo unha definición bastante acertada é sempre un amigo mque nos dá a natureza.
Felicidades aos tres e gozade destes meses de cambios e de espera.
Unha aperta moi grande.

 
Ás 28/09/08, 22:33 , Blogger Raposo dixo...

Parabens o Leo e os pais.
Dame a min que ti o que queres é conseguir as axudas esas que da a xunta por familia numerosa, pillabán!

 
Ás 28/09/08, 22:35 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Unha noticia ben cheiña de ledicia!!!.
O Leo vai disfrutar moito, pero quen mais grande beneficio vai atopar en seu irmán é a irmaciña (dame a min o corpo que vai ser nena!).

Parabéns

 
Ás 28/09/08, 22:43 , Blogger Bea dixo...

OHHH!!!! parabéns pra o Leo e pra vos tamén!!! ;)

 
Ás 28/09/08, 23:36 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

alaaaaaaaaaaaaaaa!!!
Os meus parabéns!! :)

 
Ás 28/09/08, 23:43 , Blogger Antón de Muros dixo...

Pois, se ao pai non lle parece mal podemos facer cada un o seu prognóstico para o irmán/irmá de Leo.

Eu voto porque é outro varón ;-)

Saúdos.

Antón.

 
Ás 28/09/08, 23:47 , Blogger Crema de Grelos dixo...

Noraboa. E como farás?. Un novo blog? ou van compartir o de Leo como bos irmáns?.

Unha aperta.

 
Ás 29/09/08, 03:08 , Anonymous Anónimo dixo...

Non te queixarás da cantidade de felicitacións que tes. A que dan ganas de ir por outro?
Pasámolo moi ben o sábado, sobre todo os rapaces.
Unha aperta

 
Ás 29/09/08, 10:19 , Blogger LM dixo...

parabéns!!! noraboa pela nova tam estupenda...
o dos pronogsticos é assim complicado sem ver a tripinha...
beijoooosss enormes!

 
Ás 29/09/08, 12:10 , Blogger vermella dixo...

moitísimos parabéns!!!
Leo está ben crecidiño e fermoso e como os dous meus vanse levar pouco e eso é boísimo para crialos...
bicos.

 
Ás 29/09/08, 12:18 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

oooooooh, cantas novidades! Parabéns ó Leo, ó Paideleo e tamén á Naideleo, claro.

 
Ás 29/09/08, 12:51 , Blogger Fátima dixo...

Dalle as felicidades da miña parte, e si que volvo a escribir. Saudos de Fátima.

 
Ás 29/09/08, 12:51 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Parabéns a Leo. Bicos.

 
Ás 29/09/08, 16:46 , Blogger oko dixo...

pois parabéns!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! pra leo e pra toda a familia!!!!

 
Ás 29/09/08, 17:15 , Blogger Peke dixo...

Parabéns, parabéns. Esperemos que o Leo leve ben a chegada dun irmán.

 
Ás 29/09/08, 17:37 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitas grazas polo "serán" que do sábado. Pasámolo todos moi ben e iso que faltou bailar...
Iso si, o mellor foi cando brindamos e a AvoaM case atraganta coa sorpresa... Parabéns.Eva.

 
Ás 29/09/08, 18:10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Noraboa, e o millor que podedes facer, dous bastante seguidiños. No meu caso cando fomos a polo segundo o maior xa tiña 11 anos, e ven sen un voltar a empezar.
Dous seguidos, darán un pouco máis de traballo, pero só uha vez.

Aparte agora poderás disfrutar de baixa de paternidade, 15 días no nacemento,... "Unha morea de axudas"

Un saúdo.

 
Ás 29/09/08, 20:53 , Anonymous Anónimo dixo...

¡Noraboa! Un irmán é seguramente un dos mellores agasallos que o Leo podería recibir, e vos tamén.
¡Un millón de parabéns!

 
Ás 29/09/08, 20:56 , Anonymous Anónimo dixo...

felicidades dende madrid.

Noraboa os pais por partida doble, polo cumpreanos do leiño e pola nova noticia.

Moitos bicos de david, mon e maria

 
Ás 29/09/08, 21:43 , Blogger Ghanito dixo...

Parabéns, familia!

:-)

 
Ás 30/09/08, 00:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns Paideleo!!

 
Ás 30/09/08, 00:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Felicidades, Leíño. Xa vai feito un homiño.

 
Ás 30/09/08, 08:44 , Blogger Veloso dixo...

Magnífica nova. Parabéns a Leo polo aniversario e polo que vén de camiño. Saúdos.

 
Ás 30/09/08, 14:26 , Blogger A Conxurada dixo...

Parabéns para Leo que xa é todo un homeciño, e para vós...por outro cachorriño.

un bico para leo, e un abrazo para os pais.

 
Ás 30/09/08, 21:53 , Blogger Unknown dixo...

Vivaaaaaaaaaaaaaa!!

Beijosmil!!

 
Ás 30/09/08, 22:36 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos pola mostra de cariño !.
Seguro que o Leo e nós imos ser felices co novo membro da familia.
Graciñas de corazón.

 
Ás 01/10/08, 01:34 , Blogger Os Tartarouchos dixo...

Noraboa polo novo ano e máis polo novo irmán ou irmá!!!

 
Ás 04/10/08, 16:41 , Anonymous Anónimo dixo...

¡vaia noticia bomba!, parabéns polo aniversario de leo e tamén por ampliar a familia, que recuncar cun pequerrecho sempre é motivo de ledicia. unha aperta.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio