leoeosseus

martes, 7 de agosto de 2007

Juan e cóxegas



Onte a familia recibimos unha visita especial do curmán Juan que fixo o camiño de Santiago cuns veciños. E non, non é o da foto; tirada precisamente pola súa dona Bea no 1999.

Juan é un home mui agradable, cun falar alegre e o sorriso eterno na boca. O seu idioma é o mallorquín e aprendeunos a dicir cóxegas na súa lingua: coxigales ou algo así. Esta forma engádese ás tiligas que se din por terras de Acedre e as cóxicas que se din pola zona de Arbo. En inglés chámanse tickles pero a forma que sobrepasa a todas con diferenza é a basca co seu kilikili. Unha forma expresiva e rotunda coma unha gargallada.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 08/08/07, 00:34 , Blogger busto.agolada dixo...

Gústame a foto pola epecial composición dos tres: romeiro, burro e can. E grazas pola descuberta das palabras, sobre todo a vasca, é moi expresiva, case onomatopeica.
Saúdos e grazas polas túas gabanzas.

 
Ás 08/08/07, 18:32 , Anonymous Anónimo dixo...

A lingua revélanos a realidade do mundo. cada palabra en cada lingua din que é unica. Boa foto!

 
Ás 08/08/07, 19:50 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Kilikili, moi curiosa esta palabra, so dicila xa fai cóxegas,
A foto anterior do Leo e unha maravilla, dan ganas de comelo a bicos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio