Historia de Balbino
Balbino tivo moitos irmáns; algúns maiores e outros máis pequenos e non todos chegaron aos dez anos. El era vivo e tiña un don especial cos animais que semellaba que lle facían caso. Medrou con dificultades no medio dun ambiente pobre pero conservando unha forma de ser leda e unha forza de vontade enorme. Falaba moito e era botado para adiante. Cando chegou o momento da guerra civil creu os cantos de serea que falaban de patria, orgullo e orde. Non tiña dezaoito anos, mentiu na idade e meteuse vontario. Non destacaba especialmente pero ía dos primeiros aos sitios máis perigosos e así foi coa División Azul a terras rusas, a terras inimigas en mans de demos. Nese momento mandou esta foto para tranquilizar á familia dicindo que estaba na cruzada especial para redimir os comunistas. Non lle foi ben nin a el nin ao seu exército e o inverno, as distancias, as traicións foron calamidades que foron liquidando ós poucos ou ós moitos a División Azul. El caeu enfermo e deixárono atrás dándoo case por morto. Houbo un ataque do inimigo e el matou a un rapaz coma el pero do outro exército. Era el ou o outro e salvouse el. Víase moi mal e mudou o seu uniforme polo do inimigo por seguridade e para ter calor e caeu inconsciente. Cando espertou estaba rodeado de xente de rasgos asiáticos como lembraba nun dos poucos libros que viu diante. Falaban extraño pero amigable e levárono nun trineo tirado por renos. Acollérono no seu poboado de tendas de peles e botou unha tempada repóndose das enfermidades e das feridas de guerra. Aprendía rapidamente o idioma dos Nenets que o acolleron e recuperou a vida e as súas forzas. Coa chegada da primavera tocou mudar de lugar e seguiu co esa xente acolledora e sinxela. Balbino era forte e foi adiante. Aprendía rapidamente os costumes do pobo que o acolleu e a súa forma de vida que xiraba ó redor da caza, da pesca e cría de renos. A vida bulía e xurdiu o amor entre Balbino e Enej Ja que casaron seguindo os ritos Nenets. Balbino e a súa xente viviron felices uns anos pero chegaron compañías petrolíferas e madereiras ao paraíso Nenet. A súa xente foi discriminada na súa propia terra e tiveron que marchar. Cruzaron a Siberia en dirección leste durante un longo periodo de tempo loitando contra os pobos cos que se cruzaban e pasando calamidades. Cando chegaron ao mar decidiron deter o seu camiño porque toparon unha terra parecida á súa con xentes que os acolleron: os Even. Balbino empezaba a facerse vello pero era un mestre domando renos e construindo trineos. Ata que un día chegou un vello vestido de vermello que necesitaba un chófer para trineos experimentado...Pero isto xa é outra historia.
16 comentarios:
Balbino existiu. É un tíobisavó do Leo que foi " vontario " a Rusia coa Brigada Azul. Nunca máis soubemos del. Este texto é unha homaxe para Balbino.
Fermosa forma de rescatar a Balbino do esquecemento. A maxia ea imaxinación recuperan vidas perdidas na memoria
É quen sabe si este nadal, Balbino conduce o trineo cos agasallos para Leo.
Bon Nadal e Feliz aano para todos vos.
Fermosa historia,Seguro que iso foi o que pasou.
Fermosa a documentacion añadida.
Ben podía ilustrarse esta historia, cando queiras...
;-)
moi boas festas!!
bico
Tes que continuar. Felices festas.
Caro Amigo,
desejo-te, a ti e à tua família, um Natal Feliz. Com tudo de Bom. Muito alegria para o Leo e para os pais.
Grande abraço.
Vaino ter fácil o Leo para facer a árbore xenealóxica aínda que a póla do Balbino quede sen completar. Esa póla será unha das que lle esperte maior misterio, coma a ti.
Boas festas para todos vós. Con agarimo desde Agolada.
Menos mal. Xa pensei que ías falar das "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas.
Coas propostas que hai, supoño que a historia da Balbino da para unha novela.
Felices Festas tamen dende Antas
Um Feliz natal e sonhos concretizados
Bonita historia. Boas festas
___________________Paz
__________________União
_________________Alegrias
________________Esperanças
_______________Amor.Sucesso
______________Realizações★Luz
_____________Respeito★harmonia
____________Saúde★..solidariedade
___________Felicidade★...Humildade
__________Confraternização★..Pureza
_________Amizade★Sabedoria★.Perdão
________Igualdade★Liberdade.Boa-sorte
_______Sinceridade★Estima★.Fraternidade
______Equilíbrio★Dignidade★...Benevolência
_____Fé★Bondade_Paciência..Gratidão_Força
____Tenacidade★Prosperidade_.Reconhecimento
- ¨.•´¨) . ×`•.¸.•´× (¨`•.•´¨). ×`•.¸.•´× (¨`•.-
- ¨.•´¨) . ×`•.¸.•´× (¨`•.•´¨). ×`•.¸.•´× (¨`•...“
Um Santo Natal
Um bonito conto e uma bela maneira de homenagear um antepassado.
Um abraço
Fermosa historia.
Felices festas.
Familia! que no me olvido... Felices Fistas! Que los Reyes os traigas muchas cosas buenas!
Bikos.
Feliz Nadal
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio