Pinocho
O outro día falei da Pinoucha que eu imaxinaba fea e cun nariz longo, supoño que polo parecido co nome de Pinocho. E falando do tal regalámoslle o libro publicado por Kalandraka a un curmán do Leo. Eu merqueino polos debuxos marabillosos que ten. Pero a historia mételle medo ao curmán do Leo polas desventuras que pasa Pinocho. Entroume a curiosidade e eu lino tamén ( a verdade é que nunca lera a historia ) e a historia de Pinocho é ben triste e non me extraña que o rapaz teña pesadelos. Nótase que foi escrito noutros tempos e non é unha historia para nenos de hoxe.
Que se lle vai facer ?; un non vai atinar sempre cos agasallos.
12 comentarios:
Pois amigo, reinvente a história. Leo terá tempo de conhecer a original quando for mais velhinho.
Estou convocando os Amigos para uma passagem pelo Sexta-feira, no próximo dia 24 de Abril.
Ficaria feliz com a sua presença.
Um abraço
eu agardo poder traballar en Kalandraka algún día.
Outro libro que en teoría é para nenos, e que eu lin xa de adolescente, é Peter Pan, e dende logo non me pareceu nada axeitado para crianzas, pois falan de arrancar cabezas, e cousas do estilo, para o meu gusto ten demasiada violencia para ser un libro para nenos.
Un bico para ti, e un bicazo para Leo.
A historia de Pinocho,haina en outras versions mais infantiles.
Asimesmo a história segue sendo moi triste.
Bicos
Yo tengo ese libro, lo compre hace unos meses y me pareció una joya, tiene unas ilustraciones estupendas. Mi nieto Diego con solo 3 años quedo prendido de ese libro y solo por las ilustraciones (esta claro que él aun no sabe leer) tanto es así que tuve que forrarlo para preservarlo un poco, al mínimo descuido ya esta él con su pinocho venga a pasar paginas , la que más le gusta es la de la ballena. En consecuencia tuve que comprar otro libro con la historia de Pinocho más apropiado para su edad. Yo creo que has hecho un buen regalo y que con el tiempo tendrá más valor.
É que iso de que veñan un gato e un raposo a levarte de cañas...
A mim também me produzia desconforto a história do pobre Pinocho. Peter Pan o livro horrorizou-me, e nom vou falar de Barba azul que me passam calafrios. Agora, isso de que haja histórias para os nenos de hoje e os nenos de onte, nom sei, nom sei,
De todas maneiras eu penso que case todos os contos clásicos, coma Pinocho, Carapuchiña, Brancaneves, etc...teñen a súa parte crúa e esa parte ten a súa función, que ao meu modo de ver é achegarlles aos rapaces que a vida non é tan cor de rosa como pode parecer dende as saias da súa nai e o colo protector do seu pai.
É unha maneira de aprender sobre a maldade, sobre o engaño, sobre a frustración e as miserias da vida sen vivilas directamente, e creo que, por tanto, anque dean algo de medo, son positivos.
E sobre Kalandraka, eu sempre terei presente que foron a primeira editorial que publicou contos con pictogramas para rapaces con autismo (e outras discapacidades) en colaboración cos amigos de BATA.
as histórias mudan cando as ves dende o tamanho dum neno/a e logo cando o fas reflexionando, tambén hai histórias que só podes lelas de rapaz!
hai uns dias tavamos lendo un relato, á nossa filha, de David Otero e tivemos de pechalo inmediatamente. vinha a dizer algo assim como a vizinha roubou-lhe porque nom tinha dinheiro para o seu chute(as palavras som textuais e a orde aleatoria da memoria). a colezom era para crianzas mas nom ficamos mui convencidos de que uma nena de 4 anos tenha de conhecer estes termos...
elvira carvalho: non era para Leo senón para o curmán de seis anos.
nébeda: en Kalandraka parece que fan cousas marabillosas. Espero éque o traballo tamén o sexa.
a conxurada: coñecemos muitas historias polo aire que senón non os habían gustar.
Graciñas polos bicos.
ana: eu merquei o libro polas ilustracións tan boas que ten.
abueloscrisytoño: a que é precioso ?. Non me extraña que lle goste a Diego.
mario: se só fosen de viños...
la queue bleue: eu enteireime o outro día de Barba Azul e iso é terrorífico de verdade e aparte existiu.
Eu refírome a que antes eran máis estrictos cos nenos e nótase no libro.
cuspedepita: non che quito a razón pero hai exemplos menos duros para ensinar algo.
txari: será pero entendín o medo do rapaz.
L&M: coincido en que hai detalles e termos que non son apropiados para un neno.
Graciñas pola visita e o comentario.
Pois graciñas a todos polas vosas palabras e o tempo empregado comigo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio