leoeosseus

mércores, 5 de novembro de 2008

Primeiro vistazo



Hoxe puiden ver o irmán ou irmá de Leo por primeira vez nunha ecografía. Pensei que ía levalo con máis tranquilidade porque non era a primeira vez que vía unha ecografía pero emocionoume igual cas outras veces. A criatura é mui pequena ( imaxina: o fémur mide dous centímetros de longo ) pero estaba chea de vida e ata intentaba tapar cunha man a luz que lle chegaba dende a cámara. É unha sensación indefinible poder ver o corazón, os pés, as mans e a cara dun ser case imperceptible para min ata hoxe. Foi mágoa que xuntase tanto as perniñas que non houbo xeito de mirarlle se é neno ou nena. Supoño que quedará para a seguinte ecografía que xa me tarda.

A foto é dende o hospital cando naceu o Leo hai máis de dous anos.

Etiquetas:

31 comentarios:

Ás 06/11/08, 00:19 , Blogger Bea dixo...

Non sei como debe de ser ese momento... supoño que non é o mesmo vivilo cando che ven un irmá, ou si?? pero a ilusion é o mellor!

 
Ás 06/11/08, 01:12 , Blogger Antón de Muros dixo...

A vida dun fillo sempre emociona.
Cando é tan pequeno, moito máis.

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 06/11/08, 01:18 , Blogger Milego dixo...

Que ben, que ben! Un máis na familia! O Leo aledarase moito de ter un/unha compañeiro/a de xogos e, porque non dicilo, de trasnadas.

Apertas e que todo vaia ben, pai.

 
Ás 06/11/08, 01:53 , Blogger Raposo dixo...

Supoño que debe ser moi emocionante. A desfrutalo e que vaia todo ben.

 
Ás 06/11/08, 09:17 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eu sei o que é iso, e a curiosidade do saber o sexo tamén, desta segunda volta levara unha alegría tremenda o saber que era unha nena. Supoño que tí tamén o preferiras.

E xa sabes, vas ter que facer outro blog, como diario dese pequen@, o título, xa sabes, Paide...

 
Ás 06/11/08, 10:09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Pois si, emociona cada vez que acontece porque é un miragre de cada vez.

 
Ás 06/11/08, 14:14 , Blogger X dixo...

Moitísimos para os pais do Leo, e para el tamén, que xa lle vén compañía.
Que marabilla, esta semana todo son boas novas!

 
Ás 06/11/08, 15:43 , Anonymous Anónimo dixo...

parabéns: a mellor noticia para unha familia é que vaia aumentar. moita sorte.

 
Ás 06/11/08, 15:46 , Anonymous Anónimo dixo...

Espero que poidades vir este fin de semana pola casa. Levo uns días intentando falar con Ana, q hai outra reunión de Tadega. Si non consigo falar con vos dille que me chame. Pensei que iades o médico mais tarde... que pena que non se sepa ainda se é neno ou nena!!!... As nenas ó poder!!!
crispress

 
Ás 06/11/08, 18:41 , Blogger fgul dixo...

Pois nada home; a seguir procreando a ver se levantamos o índice demográfico do País que vai de capa caída.

Saudiños.

 
Ás 06/11/08, 21:02 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Nosotros estamos impacientes por ver la de Cris
Un abrazo para todos

 
Ás 06/11/08, 22:48 , Blogger George Amorim dixo...

Es un momento magico,yo nunca tuve a suerte que mi marido estuvera comigo.Mejor dicho,el nunca pudo disfrutarde esos momentos.
Bicos

 
Ás 07/11/08, 00:25 , Blogger bouzafria dixo...

Eu nunca esquecerei o primeiro vistazo. Emocioneime un chisquiño - non moito que son un machote-, pero conservo a sensación de que foi un dos mellores momentos da miña vida, ese de ver nunha pantalla a un retaco do tamaño dun feixó, dun chícharo non maís.

 
Ás 07/11/08, 06:54 , Blogger Mario dixo...

Moitos parabéns!!! As aventuras de nen@s neste blogue non van ter fin nunca!!!

 
Ás 07/11/08, 09:59 , Blogger Mer dixo...

Qué emoción! Parabéns e que todo sala ben.

Unha aperta

 
Ás 07/11/08, 10:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Segue a marabillarme que a ciencia e a tecnoloxía avancen tanto como para permitir eses momentos.

 
Ás 07/11/08, 11:17 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

A espera debe facerse interminable...

 
Ás 07/11/08, 12:50 , Blogger oko dixo...

ten que ser moi emocionante mirar a primeira "foto" dun fillo/a!!!

 
Ás 07/11/08, 17:16 , Blogger LM dixo...

a primeira vez colhe de surpresa e a segunda também porque és mais consciente do que está ai na foto... sorte para a seguinte eco!
beijos

 
Ás 07/11/08, 23:01 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

e logo, pai, terá que facerlle un blog ó novo elemento tamén, non? ;)

 
Ás 08/11/08, 16:15 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Minha netinha, sempre está de perninhas cruzadas, e só na eco formológica dos seis meses, conseguimos saber que era menina, mas já estavamos há espera disso, porque a minha médica, nos tinha dito que normalmente as meninas é que cruzam as pernas...
Mas na verdade o que importa é que sejam perfeitos, e saudáveis, não é verdade? E o Leo? Está entusiasmado? O que ele gostaria mais, um mano ou mana?
Um abraço e votos de bom fim de semana

 
Ás 08/11/08, 19:42 , Blogger busto.agolada dixo...

É un tempo especialo da espera-esperanza. Seguro que che ha gustar completar a parella e que agardas a que sexa nena. Ou non?
En calquera caso, moita sorte. Unha aperta.

 
Ás 08/11/08, 23:11 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Enténdote moi ben, é realmente emocionante ver ese ser pequeniño coas súas manciñas e dediños, todo feitiño pero en miniatura, eu quedei pasmada mirando a pantalla.
Parabéns pola vosa nova paternidade.
A miña familia tamén vai aumentar, xa contarei...
Bicos.

 
Ás 09/11/08, 21:16 , Anonymous Anónimo dixo...

Es todo un padrazo, paideleo. Mágoa que non colgases a ecografía, para podermos investigar sobre o sexo dos anxos, abofé.

 
Ás 10/11/08, 00:52 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

xa está a túa cabaza no proxecto semanal :)

 
Ás 10/11/08, 12:51 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Debe ser emocionante.

 
Ás 10/11/08, 21:15 , Anonymous Anónimo dixo...

Si oooohhh..
Dende logo, como di un bo amigo meu, Os nenos de pequenos estan para comerselos, e de maiores, un se lamenta por no terlo feito cando puido...
En serio, ....As sensacions son inenarrables e unicas, mágoa que dura tan pouco, e dan tantos quebraderos de cabeza..
Noraboa para os catro

 
Ás 10/11/08, 23:13 , Blogger Cuspedepita dixo...

Non se acostuma un a esas cousas, pola contra cada vez temos maior sensibilidade a eses sentimentos.
Disfrutádeo moito:-)) Algo desa emoción sempre nos chega a nós ;-)

Apertas

 
Ás 12/11/08, 16:53 , Blogger Colazo dixo...

Beizóns !!

poucas ledicias maiores pode haber non?

Saúdos!

 
Ás 14/11/08, 13:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Noraboa paideles. Agora entendo o título do blog. Era un presaxio :-)

 
Ás 17/11/08, 01:39 , Anonymous Anónimo dixo...

E logo vas abrir outro blog que se chame opaidanovacriatura? ou vaslle cambiar o nome a este?
noraboa!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio