Novo ano, vellos tempos
Estes últimos días foron intensos de actividades e o tempo adicado ao blogo foi ben pouco. Foron días de xuntarse con familia e amigos, días de axudar aos reis magos entre o formigueiro humano do que formamos parte, de vivir semanas laborais con dous " venres " e " luns " e foron días para ver fotos ben vellas por primeira vez.
Non sei que opinaría o tartaravó Ricardo de Leo e Xiana se saíse da foto onde posa co ese bigote dos anos vinte e mirase a civilización actual; seguro que lle caía o bigote ao chan.
Etiquetas: familia I
11 comentarios:
Abraiado e pampo ficaría. E marabillado ao ver ao Leo e familia. Moitas apertas e abundantes Reis.
Eu non sei se lle caería o bigote ou non; pero os ollos habíanselle poñer como platos!.
Oes, e sabes que lle atopo eu semellanzas ao avó Ricardo co Leo? (nestas cousas non hai como buscalas, que aparecer...aparecen)
Que se porten ben os Reis por Vilaguindastre!
paverisima a foto, eu teño unha da miña visaboa no comedor da casa...gosto das fotos vellas. Saúdos e apertas meu...Agardo que so reis se porten ben co Leo. Saúdos
Que marabilla as fotos antigas, que poses poñían.
Para eles me imaxino que posar nunha foto debía ser algo especial, como un día de festa. nós xa estamos máis que aburridos de saír nelas.
Un saúdo
Que foto máis bonita, adoro estas fotografías!!
Aínda que republicano de conciencia, agardo cos Reis deixasen esta noite ao Leo e a súa familia tódolos agasallos que merecedes.
Bon ano novo.
¡que tempos aqueles....¡
Decio o outro, calquer tempo pasado non foi mellor....so diferente.
POis o que ven....¿Como sera?
Quizais veremolo
Unha aperta
agora mesmo eu teño diante dos meus ollos unha foto así, pero na dos meus bisavos, e él o que esta sentado. Aljun día a enseñarei!
O meu bisavó tamen tiña bigote !
un biquiño para todos e que pos reis sexan bos!
Jejej, a min trouxeronme un trebello para dibuxar!jejje
Mi má, se chegan a ver todo o que tenemos agora....
Espero cos Reis deixasen moitos regalos a Leo, vale e a ti tamén,jeje
Feliz 2009
Bicos
Dende logo moitas das cousas desta civilización non as entendería. E diría, seguramente con razón, que "calquer tempo pasado foi mellor".
Apertas e feliz 2009.
¿Xiana? ¿Decidiches Xiana? Fermosísimo
Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio