leoeosseus

venres, 31 de agosto de 2007

Carretilleiro

Non é un espantallo nin é unha caricatura; é o paideleo ou acedre conducindo unha carretilla ilegalmente. A foto foi tirada hai uns meses. Agora estou noutra empresa e hoxe conseguín a autorización para manexar carretillas elevadoras. Dentro duns días cambia de empresa un compañeiro con falar teísta do concello de Tui e que me ensinou unha palabra nova. Callamba: moza alegre. Así que xa sabes: se me ves por diante, millor aparta.

Etiquetas:

16 comentarios:

Ás 01:08, 31/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Noraboa! Agora xa podes ir ao centro a facer sitio para aparcar.

 
Ás 01:15, 31/08/07 , Blogger paideleo dixo...

Cala que hai un camioneiro que colle a carretilla, sae da fábrica, cruza a estrada e aparca no bar enfrente da porta. Precisamente ese camioneiro anda coa callamba.

 
Ás 10:25, 31/08/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

está ben que avises :)

 
Ás 11:19, 31/08/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Eu tería coidado mirandote diante como detrás. Agora ben, o psicótecnico debería ser profundo e público,non se pode por en perigro a integridade dos peatóns deste xeito :-)

 
Ás 14:29, 31/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Encántame ese tipo de carretillos. O meu soño secreto é conducir algún día un aínda que só sexa por un momentiño.

 
Ás 14:45, 31/08/07 , Blogger Unknown dixo...

Onde se pide o carnet de carretilleiro? Eu son mais de carroceta. Entra todo, estrume, leña, sacos de uvas, o porco....
Estarei atento.

 
Ás 21:07, 31/08/07 , Blogger Raposo dixo...

Pois eu, de entrada, a foto víalle connotacións bélicas: Maniobras militares ou algo asi.

 
Ás 03:11, 01/09/07 , Blogger moucho branco dixo...

precausión amigo conductoooor.... haberá que andar con ollo, logo, :D

 
Ás 09:47, 01/09/07 , Blogger Pau dixo...

Tes un aire a gherra das ghalaxias

 
Ás 21:22, 01/09/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Decoñecía a palabra callamba. Estou de acordo en que case parece unha escea de combate. A veces o traballo convértese nunha guerra.
Hai que levalo con máis calma.

 
Ás 23:38, 01/09/07 , Blogger paideleo dixo...

mr tichborne: eu aviso ata no xaque á dama.
dorvisou: non houbo sicotécnico e o teórico foi a triple banda.
peke: cando queiras pasa por aquí e pegas unha volta. E dígoo en serio.
mueja: os que alugan carretillas dán cursos. Mira ti, eu nunca conducín un tractor nin chimpín.
o raposo: o traballo ese con granito require de elementos que poderían valer para unha guerra.
moucho: e ti non terás problemas de ollos, non ho.
pau: máis ben a guerra das canteiras. Ese casco, bueno, máis ben as orelleiras; salváronme de perder unha orella nun accidente que tiven.
busto.agolada: eu aprendín esa palabra hai dúas semanas. Usar casco con orelleiras, uniforme, botas con punta de ferro, unha panca e muita forza bruta no traballo é bastante semellante ó choio de soldado. Cunha diferenza: os que traballan fan algo e os soldados desfán.

Graciñas a todos polos comentarios que me fixeron pensar no muito que pode dicir unha foto.

 
Ás 20:49, 02/09/07 , Blogger rosa enriquez dixo...

Pois lévalle razón o raposo,si que ten pinta de peli de guerra.Por certo, quédome coa palabra,"CALLAMBA".Bicos.

 
Ás 21:36, 02/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí chamamoslñle Toriño o carretillo ese. anda con vista que os carga o demo, je je.

 
Ás 22:32, 02/09/07 , Blogger TXARI dixo...

vai con tento e olho!!

 
Ás 11:40, 03/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

A lo menos, todo legal!!!
Da gusto traballar ben! Bicos. Crispress.

 
Ás 11:28, 05/09/07 , Blogger Xosé Manuel Carreira dixo...

Eu xuraría que lin que o paideleo conducía a carretilla "ilegalmente". E o encargado non che tira das orellas? Ao mellor a quen lle hai que tirar das orellas é ao encargado. Ben, igualmente mola, algúns chimpíns de obra aínda collen boas velocidades e ata derrapan.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio