leoeosseus

mércores, 26 de setembro de 2007

Suba de prezos por mor do biodiesel



Na fábrica hai muito traballo estes días porque vai subir o prezo do pienso. Esta suba ten que ver coa suba do prezo das materias primas que agora se empregan para facer biodiesel. Din que o biodiesel é máis ecolóxico pero xa saíron estudos que din que non. Aparte diso seméllame triste utilizar tantas prantas para facer combustible e que queden animais e a humanidade en xeral sen comer. O futuro traerá o peche de fábricas de pienso como a da foto e tamén o de muitas panaderías. O peche das panaderías dáme mágoa porque co elas desaparecen as repartidoras de pan que deben de arrecender a pan recén feito.
En fin, o futuro dirá.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 23:43, 26/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Tranquilo, os cereais han dar para todo. Por certo, tamén hai repartidores, eh pillín?

 
Ás 07:51, 27/09/07 , Blogger Arale Norimaki dixo...

Xusto esta semana estou torturando aos churumbeles con vocabulario e videos sobre os pros e os contras dos biocombustibles. Hai moitos argumentos distintos, pero eu coido haiche moito politiqueo e interese economico encuberto. No caso de Brasil, coa canha de azucre semella algo mais viable, pero o do maiz e a soya non ten moito xeito, sobretodo cando se estan a estragar superficies adicadas a pastos ou mesmo selvas e bosques para facer plantacions para biodiesel. Iso sen contar que polo momento e CARISIMO, require mais enerxia fabricalo da que produce e estase enchendo a subsidios... En fins, cousa complicada....

 
Ás 11:25, 27/09/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Coma en todo, eu penso que pasar dunha sobreexplotación a outra sobreexplotación nunca nos vai sacar de nada. Tanto ten que sexa branco ou negro se os dous son excesivos.

 
Ás 11:43, 27/09/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

extínguense tódolas ocupacións románticas: carteiros, repartidores de pan... ains.

 
Ás 14:14, 27/09/07 , Blogger Unknown dixo...

Eu penso que a subida do prezo dos cereais non só depende dos biocombustibles. Vexe moita especulación e man dos intermediarios. xa se verá.
O que é verdade e que cada vez e máis complicao atopar pan rico e da verdade.

 
Ás 17:09, 27/09/07 , Blogger Joyce dixo...

Oi,

Primeiramente desejar Parabéns pelo aniversário do Leo...
Entrei de curiosidade no blog e acabei adorando as fotos e as escritas sobre as uvas e vinhos, a fotos e a historia dos cachorros também é otima!!
Bom até mais!
Joyce

 
Ás 20:28, 27/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns para o Leo, a pesar de que o teus post sexa un pocuo tristeiro.

 
Ás 21:50, 27/09/07 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Ola, esta elfiña aínda ten moito que aprender, porque non é que se entere de moito...tantas maquinas para ao final quedar sen nada. Eche unha bagoa.
Parabéns para Leo, espero que o pasedes ben.
moitos kiños

 
Ás 22:23, 27/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Según Estrabón, os que aquí habitaban antes da chegada dos Romanos, eran Bárbarii, porque o pan que comían nos erstaba feito de Trigo. O millo xa sabemos que veu de Norteamericadelsur (que decirian os gringos)¿haberá que volver a comer pan de castañas e bellotas? (creo que tampouco, como non o comamos de naviña de eucalipto...)

 
Ás 22:29, 27/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Primeiro parabens para Leo, que fai un aniño que se atopa entre nos e que sexan muitos mais para el e os que nos acompañedes contandonos novas historias.
Bqñs.

 
Ás 02:09, 04/10/07 , Blogger torredebabel dixo...

dende fai tempo, o futuro so prognostica cousas malas...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio