leoeosseus

venres, 7 de setembro de 2007

Rueiro de Nigrán

A praia onde máis imos está no concello de Nigrán. Este concello tivo a iniciativa hai uns anos de sinalizar as súas rúas e camiños cuns carteis que a min me semellan bonitos. Normalmente, á beira do nome da rúa aparece un debuxo alegórico ó nome en cuestión. De aí que na " estrada pola vía " apareza un tranvía debuxado; na " rúa dos pazos " sae un pazo debuxado e no camiño adicado á avoa Carmela, unha señora centenaria, sae debuxada unha avoíña. E así máis. Pero tamén aparecen algúns que non teñen nada debuxado pero si que podería ter o debuxo. Este é o caso do camiño da foto. O " camiño do pardiñeiro " debería ter debuxada unha casa en ruinas que ese é o significado da palabra pardiñeiro.


E logo tamén está o caso da " rúa da costa da barxa " que tamén podería ter debuxado un río coas súas ribeiras sen edificacións nin muros porque barxa é unha palabra preciosa que significa terreo comunal á beira dun río. Os nosos ancestros eran intelixentes e sabían que os ríos eran de todos e que ninguén tiña dereito a impedir o acceso a eles nin o seu desfrute.
Ogallá este costume de deixar en man común as ribeiras dos ríos e as beiras do mar seguise existindo para desfrute de todos en xeral e non só duns poucos. Muitas cousas cambiarían.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 10:24, 08/09/07 , Blogger Pau dixo...

Canta razón tes, mais isto é unha batalla xa perdida, tan so loitar porque non sexa tamen unha guerra perdida

 
Ás 16:27, 08/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Lembro eses carteis de cando viviamos alí. Son dos máis bonitos que teño visto. En contraste, os de Ribeira son a cousa máis espantosa que pode haber no mundo, acaban desaparecendo as letras borradas pola intemperie e só queda un cadrado azul horroroso. A maioría das veces non sabes en que rúa estás.

 
Ás 18:01, 08/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Por certo, acabo de ver que o Leo vai estar dentro de nada de aniversario. Xa nos poñerás unha foto soprando a veliña, non? ;)

 
Ás 21:08, 08/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Aínda hai algunha rúa máis sen debuxo na placa. É o caso, por exemplo da rúa "Escunchadas" ou unha, que como ben sabes se distingue pola boa xente que ás veces vive nela: a "Subida a Monte Lourido".

 
Ás 22:41, 09/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Os carteles son preciosos, e os nomes tamén. Na Coruña deverían aprender, e cambiar algúns nombres que ainda cheiran a fascismo e a terrorismo franquista.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio