leoeosseus

venres, 14 de setembro de 2007

Mensaxes no centro comercial

Xa rematou o tempo de praia e hoxe estivemos nun centro comercial. O Leo alucinaba coas luces e o movemento de xente e gustoulle probar un todoterreo e un coche de carreiras.
A xente era un mostrario de vestimentas e o que máis me atrae son as mensaxes das camisetas: unha rapaza quería que a bicasen, outro rapaz daba a coñecer ó mundo que Galicia foi a campiona mundial de futbolín no ano 1997 e así máis mensaxes. Pero o que máis me gustou foi o que puña en inglés que o único que permanece é o futuro... e o noso futuro máis próximo é a vendima 2007.
Ata a próxima.
Na foto unha atracción para menores con mensaxes para maiores.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 00:58, 15/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois que a vendima sexa boa! Que dea moitos froitos e moi bo viño! Levaredes ao Leo para que vaia aprendendo as maneiras non?

 
Ás 01:51, 15/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Está ben o das mensaxes. Así os papás van pensando na próxima atracción na que eles poden "montar".

 
Ás 13:00, 15/09/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Fabuloso post. Que a vendimia sexa boa!

 
Ás 18:04, 15/09/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Un post lindo, aqui me tes a unha fadiña investigando como e isto dos blogues, espero non perderme e poder voltar o meu berce

 
Ás 02:45, 16/09/07 , Blogger Paco Penas dixo...

O post é un reflexo da bonanza que atesouras. Gústache moito miralo mundo dende ese neno grande que levas dentro.
Graciñas por compartir tanto.

 
Ás 22:45, 16/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

O Santy Conejo, debe de flipar cando montan as tias, e as sacude de riba pra baixo, e viceversa, je je.

 
Ás 19:57, 17/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

O Leo anda descubrindo o mundo. Como me gustan esas cariñas de abraio ante as novidades! Deberías poñer unha foto roubada.
Achégase o seu aniversario. Pensaches no que che dixen?

 
Ás 20:57, 17/09/07 , Blogger Pau dixo...

Que sexa boa a vendimia e sobre todo que sea de boa calidade.

 
Ás 23:00, 17/09/07 , Blogger paideleo dixo...

A vendima ven escasa pero din que de calidade.
O Leo abraia con todo pero as lucas son o que máis lle chaman a atención.
Para o aniversario xa porei a súa foto soprando a vela...ou facendo a aceno.
Graciñas pola visita e os comentarios.

 
Ás 19:44, 18/09/07 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Ola pequeno leo, eu tamén quixera ver ferias, vendimas e moito mais, xo solo vivo dos soños e historias que me contan, polo que me da virei verte as veces, para ver o k abraian os teus olliños...
unha elfiña soñadora á que lle gusta espreitar

 
Ás 01:51, 19/09/07 , Blogger torredebabel dixo...

o malo desas mensaxes, cando menos aqui, é que moitas veces quen as leva no peito non ten idea do que vai por ali dicindo...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio