leoeosseus

mércores, 31 de outubro de 2007

Noite dos calacús



Esta noite é o Halloween nos EEUU do que falei hai tempo. Por Galicia seica hai anos os rapaces tallaban cabazas ou calacús ou rabaquetas ou cocos ou como queira que lle chamasen na súa zona. Espetábanlle paus facendo de dentes e púñanlles unha candea acesa dentro. Colocábanas logo en camiños ou muros para asustar ós veciños. Tamén había sitios onde pedían esmola para os mortos.
Todo iso desapareceu e agora fan unha copia do Halloween norteamericano con disfraces e nenos pedindo polas portas co seu " truco o trato " que soa a mala tradución.
Os tempos mudan, seica.
Pois nada, que esta noite che vaia ben no estilo norteamericano ou no galego.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 02:30, 01/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Teño ouvido falar deso cando neno. Na miña aldea tamén lle chamaban cabazas

 
Ás 15:14, 01/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Em Portugal apenas há meia duzia de anos as professoras começaram nas escolas a falar do Halloween.
Mas não é uma moda que tenha pegado muito. Em Portugal há um outro costume e esse sim ancestral.
Hoje festeja-se o dia de Todos-os-Santos. É feriado nacional. E neste dia as crianças vão de porta em porta pedir o pão por Deus. E as pessoas dão frutos secos ou frescos, rebuçados, chocolates, ou dinheiro.
Um abraço

 
Ás 00:17, 02/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Na miña aldea polos anos 60 e 70 aínda mantiñamos vivo o costume de tallar cabazas e poñerlles unha candea acesa dentro. Só era iso.
Agora nalgúns centros de ensino estase a recuperar co nome que se mantivo nalgunhas zonas: O Samaín. Parece ser que é de orixe celta.
Saúdos.

 
Ás 11:24, 02/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

ou no estilo ateo de pasar unha noite máis sen lendas de ultratumba.

 
Ás 18:49, 02/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Eu creo que se ten que recuperar a costume celta porque nos estamos a americanizar

 
Ás 22:32, 02/11/07 , Blogger Pau dixo...

É unha pena que esa antiga tradicion, que xa habia antes aqui, volva a estar de moda por culpa dos ianquis e non pola recuperación das nosas tradicions.
Por certo, pasate polo meu blog que teño un encargo para ti

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio