leoeosseus

martes, 27 de novembro de 2007

Catorce meses



O Leo fixo hoxe os catorce meses. Camiña agarrando unha man dun adulto ou agarrado a un dedo e exprémeos con forza. Aínda ten medo a soltarse a andar só pero calquera día sóltase. Iso si, agataña máis rápido ca un adulto e gústalle explorar. No falar segue sen dicir palabras aparte de " mamamama " e " papapapa " e non sempre. Dorme bastante ben en xeral e tamén come ben e aínda toma teta. Xoga co pan e chucha as patacas fritidas pero hai que darllo que el non os colle para comer. Ten oito dentes e bastante forza e xenio e encomódase se lle din que non a algo que quere facer ou tocar. Gústalle xogar e falar só e encántalle prender a televisión. Tamén baila movendo o cu con cancións. No baño protesta cando lle botan auga pola cabeza e hai veces que é unha pelexa poder mudarlle o cueiro.

Vamos, que o Leo segue indo para adiante ó seu ritmo.

Etiquetas:

16 comentarios:

Ás 22:59, 27/11/07 , Blogger oko dixo...

que riquiño!!!
e que siga así!

 
Ás 00:47, 28/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Dá gusto velo e saber cómo progresa. E xa sabe facer ben cousas!
Dálle un biquiño.

 
Ás 08:21, 28/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Está máis feito que as pesetas!!! Dá gustiño velo! Unha apreta moi grande e que se siga criando tan ben!

 
Ás 10:07, 28/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Está superlindo. Chámame a atención que aínda tome teta. Iso era frecuente hai corenta anos, pero hoxe en día é unha excepción. Biquiños aos tres.

 
Ás 12:56, 28/11/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Penso que lle mudou o xesto dende a última foto, non? vaille cambiando a cara, claro. Que bo que aínda mame! Seica é a base de moitas cousas.
Apertas

 
Ás 13:42, 28/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que lindo que está. Dá gosto de olhar o ar feliz que aparenta.
Um abraço

 
Ás 23:55, 28/11/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

E Leo non morde cando mama?

 
Ás 22:08, 29/11/07 , Blogger Pau dixo...

Mira que é riquiño o cativo

 
Ás 23:30, 29/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

pero este cabaleiro é o leo...?! vaia vaia... está todo un home!

 
Ás 01:11, 30/11/07 , Blogger torredebabel dixo...

eu, coma sempre, penso que o mérito é dos nenos e dos pais, nun 50% para cada un. E se van os parabens para o guapo do neno, terán que ti tamén para os pais: noraboa!

 
Ás 01:45, 30/11/07 , Blogger mamiago dixo...

Da gusto miralo, e que boiño e para posar.

 
Ás 13:36, 30/11/07 , Blogger Nemeth dixo...

ai que cousa más ben feita! :D

que ben se presta á foto :D

 
Ás 12:42, 02/12/07 , Blogger Torreira dixo...

Este rapaz si que é unha regalia.Apertas pai

 
Ás 01:59, 04/12/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Estaba eu pensando que nesa casa hai amor para criar máis fillos. Sería unha pena que non viñeran máis nenos así. Semente desa caste agradeceríao moito o mundo, nenos felices na súa crianza, homes de proveito no futuro.
Apertas, Pedro e familia.

 
Ás 18:18, 05/12/07 , Blogger crispress dixo...

Guapo!

 
Ás 20:17, 10/12/07 , Blogger rifenha dixo...

Qué lindo tá o Leo...! Havia tempo que não o mirava...
Quanto medrou!
E, mentras tanto, eu, a ve-las vir...
Biquinhos para o meninho. Que vaia arriba e os pais que o vejam...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio