leoeosseus

sábado, 17 de novembro de 2007

Magosto e pincha

Aproveitamos este novembro seco de máis para ir ó monte e asar chourizos e castañas en boa compaña. E despóis da sobremesa houbo unha partida de pincha, nome polo que se coñece a billarda por esta zona. Este xogo ten varios nomes como cachiza pola zona de Tomiño, escanícula en Redondela, lipe en Marín, etc, etc. Só faltou no magosto enfarruscar a cara coas cinsas da fogueira. Quedará para o ano que vén...

Etiquetas: ,

18 comentarios:

Ás 00:12, 18/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa sabía eu que habías colgar esa foto. A que van pensar que fomos ao mesmo magosto?

 
Ás 11:15, 18/11/07 , Blogger X dixo...

Que envexa!

 
Ás 13:23, 18/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

que ven o pasastes ¿non?

 
Ás 15:36, 18/11/07 , Blogger Peke dixo...

Magosto sen manchar a cara é menos magosto. ;)

 
Ás 17:48, 18/11/07 , Blogger Pau dixo...

Pois precisamente comenza hoxe na Coruña a liga noroeste de bilarda.

 
Ás 19:12, 18/11/07 , Blogger ictioscopio dixo...

eu quero reivindicar a palabra "cachiça" para ese xogo :D

 
Ás 19:33, 18/11/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

As castañas non me gusta moito comelas pero o cheiro mentras se asan encántame...

Unha aperta nun Domingo frío e chuvioso.
:)

 
Ás 21:29, 18/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Que perdure a saudable tradicións dos magostos: Por certo, o nome magosto si está completamente aceptado en todas as zonas de Galicia.
O xogo da billarda si que recibe ben nomes diferentes. Algúns dos que pós non os coñezo. Aquí dicísmoslle billarda ou estornela. E ben tempo hai que non xogo.
Moitos saúdos.

 
Ás 21:35, 18/11/07 , Blogger paideleo dixo...

Bueno, en Arbo magosto é magusto pero xa sabemos que Arbo está máis cerca de Portugal que de España.

 
Ás 12:16, 19/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu probeinas este finde por primeira vez este ano. Que boas estaban, meu!!!

 
Ás 15:16, 19/11/07 , Blogger An dixo...

espero que o pasarades ben :) Un saudo e unha aperta :)

 
Ás 17:14, 19/11/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Da gusto ver ese lume.

 
Ás 18:53, 19/11/07 , Blogger TXARI dixo...

enveja de magostos e de chuvias, que seica jà vos van cheghando tambén...

 
Ás 19:48, 19/11/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois eu tamén fixen un magostiño na compaña de amigos, primos e fillos de todos os que nos xuntamos, asamos chourizos e panceta, e por suposto castañas que estaban boísimas. Agora quédame comer burgazos (castañas cocidas) que me encantan pero que dan moito traballo porque as hai que pelar crúas.
Un saudiño.

 
Ás 21:22, 19/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

A min pásame como a Pícara, chíflame o cheiro das castañas pero non gosto delas, cousa rara, verdade...?

E o máis peor aínda, tampoco me gusta o chourizo, e iso que non son moi prepunatiña para comere, pero en fin...Cousas que ten a vida!

 
Ás 22:51, 19/11/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí chamamosle xogar a villa ou o palán. Posiblemente fagamos pro ano un equipo e inscribiremonos na Liga Galega. Anímovos a facer o mismo.

 
Ás 23:19, 19/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Magusto nós costumamos fazer no dia de S. Martinho.
Um abraço e uma óptima semana

 
Ás 09:48, 25/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que ben, xa temos con quen contar para montar a conferencia suroeste da Liga Nacional de Billarda. :-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio