leoeosseus

domingo, 11 de novembro de 2007

San Martiño

" Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño ". Non se matou o porco pero si se probou o viño e está bo, bastante bo. Tamén comín castañas cocidas con néboda e están máis ricas ca con fiuncho. E tamén comín castañas asadas.
Vamos, que case só faltou botar a bailar o pión para ter o San Martiño completo.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 00:20, 12/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Conservando tradicións, claro que si

 
Ás 01:09, 12/11/07 , Blogger moucho branco dixo...

Eu é que son mais de cervexa, pero se hai que probar un bó viño se proba, eh?. Xa que non se mata o porco...

 
Ás 04:00, 12/11/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Menos que teño eiquí á man o Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo porque senón ía aviado co da néboda. En canto ao que falas do viño novo cáseque prefiro un crianza, os viños novos danme dores de cabeza :-)

 
Ás 10:21, 12/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero a ver se chove porq vaia inverno do carallo....

saúdos!

 
Ás 12:19, 12/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Si, o da néboda manda truco. Que é?

 
Ás 21:43, 12/11/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Nébeda, chamamoslle por estes lares. Tes que probar o caldo de zonchos, que son as castañas secas.

 
Ás 22:29, 12/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Em Portugal se diz, "Em dia de S. Martinho, vái à adega e prova o vinho". E cozemos as castanhas com erva-doce.Mas eu gosto mais de castanhas assadas.
Um abraço e boa semana

 
Ás 10:08, 13/11/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Para non perder, a referencia da asociación Brinquedia. Na súa web tamén falaron do día de botar o trompo (www.xogospopulares.com)

 
Ás 23:08, 13/11/07 , Blogger paideleo dixo...

As tradicións non se conservan, hai que gastalas.
Eu antes descoñecía a néboda ( ou nébeda ). Entroume a curiosidade e ata mirei un vídeo onde os gatos a comen e se drogan co ela.
Nas castañas non aparece ese efecto pero si que lles dá un sabor rico.
A imaxe saqueina hai días non lembraba de onde e resulta que a copiei de xogospopulares.com.

Graciñas a todos polos comentarios.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio