leoeosseus

mércores, 20 de febreiro de 2008

Cans


Cando comemos o taco no choio falamos de temas diversos e o outro día falamos de cans, non sei a conto de que. Bueno, un compañeiro contou o caso dun can que se lle cruzou no camiño cando ía con bocadillos para os compañeiros da obra onde traballaba. O can era grande e tivo que aganchar a un carballo e botou alí máis de dúas horas mentres o can ladraba debaixo do carballo. Ao final baixou cando apareceu a dona do can e levou o can despóis de pedir perdón. O xefe da obra despóis muito riu co raio do conto; coma rimos nós cando nolo contou. Eu tamén contei unha historia que me contaran a min do caso dun can que lle ladraba á comida cando estaba quente. Ladráballe con mal xenio e daba voltas arredor do prato todo histérico.
Dende logo que hai veces que os cans parecen reencarnacións de xente como o can da foto que se me acercou con tranquilidade e con ese ollar amigo e posou para a foto como sabendo que ía saír na interrede adiante.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 13:31, 20/02/08 , Blogger Unknown dixo...

Bonito exemplar de canis palleirus.
Seguro que pensou que lle ias dar de comer.

 
Ás 16:23, 20/02/08 , Blogger tangaranho dixo...

Há cans com muita "caninidade"

 
Ás 18:24, 20/02/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Só hai que fixarse na pose, postura ladeada, orellas erguidas e ollos de pillabán. Este sabía máis ca ti do mque se estaba a cocer.
Noraboa para os dous, pois cumplistes co papel á perfección.
Saúdos.

 
Ás 22:20, 20/02/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Na miña casa, e todos nós sempre apreciamos a os cans, hai moita xente boa no medio.
Saúdos

 
Ás 22:30, 20/02/08 , Blogger Ana dixo...

Un perro es capaz de decir más con un breve movimiento de su rabo que muchas personas hablando durante horas.

Bicos

 
Ás 23:26, 20/02/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Pois eu creo que é un podenco

 
Ás 23:33, 20/02/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mira que se é o cadelo que sabe facer Primitivas...

 
Ás 00:20, 21/02/08 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Ou se é aquel outro can do anuncio que lle leva as zapatillas ó dono, lle coida o xardín e fai carpinteiría...

É que ós cans de palleiro só lles falta falar

 
Ás 00:53, 21/02/08 , Blogger paideleo dixo...

mueja: seguro que esperaba algo bó de min. Non é un palleiro pero fixeime e hai bastantes deste tipo por aí adiante.
tangaranho: caninidade que deberiamos aprender máis dun humano.
busto.agolada: graciñas pero o mérito foi todo del que quería saír retatado.
abueloscrisytoño: dou fe dese amor tanto polos cans como polos gatos. Un saúdo.
ana: Certo. Os rabos dos cans semellan ter vida e unha linguaxe propia.
suso lista: eu tamén o creo. Ou é podengo ou unha mistura.
chousa da alcandra: eu creo que está mui por riba dos bens materiais.
mar e lúa: estes cans valen para todo e son agradecidos. Merecen máis ca outros cans con máis sona.

 
Ás 12:08, 21/02/08 , Blogger Mer dixo...

Moitos cans ladran ao fume que sae da comida quente, póñense moi nerviosos. Este can que amosas na foto éche ben fermoso, está claro que non hai que comprar un can con pedigree para ter un compañeiro afable.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio