leoeosseus

domingo, 17 de febreiro de 2008

Portugal curioso



Onte fixen unha viaxe a Portugal e, cando miro as súas praias abertas ao mar, lembro as súas moliceiras coas proas altas coma barcos viquingos para poder cortar o seu mar bravo e as súas cores rechamantes e os debuxos con mensaxes pícaras.

Tamén me entra polo ollo o acueduto da Póvoa de Varzim ou tomar unha cervexa tranquilamente na praia de Moledo...

Como dicía aquel grupo musical: menos mal que nos queda Portugal.

A foto fíxoma Aniña hai un feixe de anos.

Etiquetas: , ,

15 comentarios:

Ás 19:56, 17/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Que bonitas son esas proas.

 
Ás 22:28, 17/02/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fai anos (bastante antes do euro), tomando unhas cañas en Valença cuns amigos fun pagar. Dígolle: canto é. Respóstame: 500 escudos. Non traio escudos, en pesetas?. O taberneiro mírame verticalmente e, despois duns breves segundos dime: 500 pesetas!!!!.
Eu, con cara de resignación (xa sabía que debía levar escudos para non salir fodido no cambio) doulle un billete de mil pelas e o tio dame o cambio e vólveme...500 ESCUDOS!!!!. Eu, xa con cara de mala ostia míroo e o portugués, antes de que eu diga nada, espétame: a próxima vez o galego debe traer escudos...

Vaia se os levei

 
Ás 22:55, 17/02/08 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Interesante o desas embarcacións... e divertido o que conta Chousa no comentario anterior, ainda que claro, a el(a) pouca gracia lle faría.

 
Ás 13:42, 18/02/08 , Blogger Berta Helena dixo...

Tens bom gosto, não há dúvida. Também gosto muito dessa parte do meu país.
Mas tenho muita vontade de conhecer a tua região. Pelo que tenho ouvido não fica nada atrás desse cantinho de Portugal.

Um abraço.

 
Ás 20:08, 18/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

A foto é ben bonita e o mariñeiro érache ben noviño.

 
Ás 00:05, 19/02/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Que tipaso!

 
Ás 02:42, 19/02/08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Moi belas as embarcacións, pero as praias de mar aberto son fantásticas inda que algo complicadas para desfrutar do baño e mesmo para tomar o sol, sempre hai moito vento.
Apertas.

 
Ás 10:14, 19/02/08 , Blogger Paco Penas dixo...

As barquiñas son moi fotoxénicas pero é unha lástima que o motivo de conservar certas artes mariñeiras no tempo só sexa pola falla de portos de abrigo.
Tamén teremos que preguntarlle a Chousa se non perdiu a ilusión de voltar a portugal :-)
Apertas, Pedriño.

 
Ás 23:42, 19/02/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Sempre interesante Portugal. Nas veces que estiven non reparei ou non vin as moliceiras. Nunca é tarde para rematar de aprender. Vexo que ti de mozo xa te retratabas nas moliceiras.
Unha aperta.

 
Ás 23:51, 19/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Estas feito un viaxeiro

 
Ás 00:59, 20/02/08 , Blogger Ana dixo...

Que ilusión me ha hizo este post,jeje...es que soy portuguesa!!
Bueno,tengo las dos nacionalidades, a lo que iba, deberías bajar un poco mas.Hasta Nazaré,como pueblo típico de Portugal, m encantan : sus barcos,los pescadoras, los trajes que usan ( aún hoy ) sus mujeres, el pescado secando en la playa,aishhhhhhhh

Besos

 
Ás 01:00, 20/02/08 , Blogger Ana dixo...

Chousa
Que te voy a decir.,..jejeje
que puro o portuguesiño,jejeje

BESOS

 
Ás 01:08, 21/02/08 , Blogger paideleo dixo...

peke: todo o barco é bonito, todo.
chousa da alcandra: a min pasoume así muitas veces pero xa sabía o que había. Mesmo no mercado puñan o prezo en escudos e pesetas e era a mesma cifra. O caso máis curioso foi o dunha mostra de moedas do mundo e había moedas de cinco pesetas de curso legal que as vendían a dez pesetas !. Parvo de quen as mercase.
mr tichborne: interesantes e vistosas. O da chousa da alcandra era normal e os que vivimos cerca xa o sabiamos de sempre.
berta helena: cando queiras pasas pola Galiza que tamén ten muito que mostrar. Eu, xa sabes que quero ir polas Madeira.
paidovento: a que si ?. Eu tiña vinteséis anos, creo.
abueloscrisytoño: bueno, bueno. Era só a perspectiva.
rifo y zeuquirne: si, son bonitas para mirar pero dificiles de desfrutar.
dorvisou: estas embarcacións son un exemplo do enxeño da xente para resolver problemas. Supoño que agora a chousa andará por Portugal millor dende que hai euros.
busto.agolada: quedan poucas moliceiras ou moliceiros. En Aveiro hai bastantes e fáciles de ver.
pepe penas: un fai o que pode. Benvido a este mundo virtual.
ana: Portugal gústame e nesa viaxe de hai dezaséis anos fomos por toda a costa ata Andalucía. Paramos en Nazaré e gustounos, pero foi unha parada curta e Nazaré merece outra visita con máis vagar.

 
Ás 11:56, 21/02/08 , Blogger Mer dixo...

Eres tí o da foto? Recórdasme a alguén... algún heroe deses das pelis que fita como se lle acercan os piratas.

Unha apertiña.

 
Ás 21:33, 21/02/08 , Blogger Pau dixo...

O acueducto do que falas creo que é o que vai ata un convento que hai na localidade veciña de Vila co Conde. Si non paseaste polas suas ruas do centro, recomendocho. Pasei tres maravillosos verans alí

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio