leoeosseus

martes, 11 de marzo de 2008

Couselos



Eu aprendo palabras oíndo falar pero tamén aprendo lendo. Hai muitos anos lía eu un libro de poesía e apareceu a verba " couselo " que eu non sabía que significaba. Busquei nun dicionario galego-castelán e dicía " couselo: ombligo de Venus ". Eu pensei mal e supuxen que o couselo viña a ser o sexo das mulleres porque cadraba ben no poema e aparte " ombligo de Venus " soábame a iso das mulleres pero dito de forma ben fina. E pasaron os anos e aprendín que couselo era a pranta que sae retratada arriba.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 22:26, 11/03/08 , Blogger Ana dixo...

Jejeje...se te iba la mente,malandrin.
O ombligo de Venus,ai,ai,ai Salgueiriño que nos estamos perdendo.
Bicos chuliño

 
Ás 23:13, 11/03/08 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Cando era pequena tiñamos o costume de escribir nos couselos cun toxo... na capiña brillante que teñen escríbese moi ben. Cousas para pasar o tempo, xa ves
Bicos

 
Ás 00:08, 12/03/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Alédame comprobar que nos sentimos atraídos en varias ocasións por temas parecidos. O que tratas hoxe xa lle dediquei eu unha entrada no pasado mes de xuño. Déixoche o enderezo:
http://aquamlatam.blogspot.com/search/label/NATUREZA?updated-max=2007-06-04T22%3A36%3A00%2B01%3A00&max-results=20
O do ombligo de Venus eu xa o tiña esquecido. ¿Como se che foi á mente ao monte de Venus?
Unha aperta.

 
Ás 01:29, 12/03/08 , Blogger La queue bleue dixo...

"a iso das mulleres" XDDDD
O nome é sem dúvida sugestivo. :)
Por certo, hai um meme provocativo à tua espera nos meus domínios ;).

 
Ás 09:37, 12/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu tampouco sabia que se chamaban couselos. O de ombligo de venus, de todas formas tamén tardei tempo en descubrilo...

 
Ás 18:24, 12/03/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Aplicados enriba de unha ferida sangrante, conteñen a hemorraxia. Saúdos

 
Ás 21:22, 12/03/08 , Blogger Pau dixo...

Admiro a xente que aprende de este xeito que ti contas. Meu pai faino tamen de este xeito e non vexas a cultura que ten sin ser nin tan sequera bachiller

 
Ás 12:28, 13/03/08 , Blogger Mer dixo...

a foto recórdame á pintura dos nenúfares de monet

 
Ás 12:58, 13/03/08 , Blogger Unknown dixo...

Eu xogaba a que eran filetes, cando enredabamos sendo cociñeiras.

Chamabámoslle "bistés".

Unha aperta!

 
Ás 22:40, 13/03/08 , Blogger paideleo dixo...

ana: que lle queres ?. Cadraba perfectamente no poema. Tamén naquela época andaba o sangue a ferver.
a lareira de santiso: si, sempre dá para xogar e curar hemorraxias e facer bistés. Cos comentarios sempre se aprende algo.
busto.agolada: sabes que estiven a punto de roubarche a foto que non topaba a miña ?. Por iso me soaba a min o de ombligo de Venus confundido con monte de Venus. Non andaba errado eu que serías dúas parroquias do mesmo concello, non ?.
la queue bleu: pois si que é provocatico o meme. Non sei se poderei compracerte.
meris: nunca é tarde para aprender. Seguro que ti sabes cousas que descoñezo eu.
suso lista: eu non sabía que tiña esa propiedade curatìva. Dá gusto aprender.
pau: a cultura adquírese tendo a mente aberta. Noraboa polo teu pai e espero que siga recuperando.
mer: son como nenúfares pero pequerrechos e tapizando muros. Non son nada feos e non me extrañaría que haxaun pintor por aí adiante que os pintase.
mariola: pois xa ves que vanessa os usaba para escribir neles e suso lista di que son bós para as hemorraxias.

Alédome de que vos gustase este posteo e vos levase á infancia ou vos fixese aprender algo que descoñeciades ou que simplemente vos arrincase un sorriso.
Graciñas a todos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio