leoeosseus

luns, 31 de marzo de 2008

Velocidade



Esta fin de semana houbo motos para os afeccionados en Jerez. A min nunca me gustaron as motos e menos correr con elas ou cos coches. Pero parece que o meu gusto por unha condución tranquila está pasado de moda mirando como se mira a xente na estrada toda tola e frenética. E non me extraña co ritmo de vida actual que levamos e onde ata nos libros infantís se incita ás carreiras anque os protagonistas non saiban conducir. E así nos vai.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 23:09, 31/03/08 , Blogger busto.agolada dixo...

A min tampouco me gusta a velocidade e menos correr riscos innecesarios. Xa ves que non estás só. Gústame a condución tranquila e fuxo das aglomeracións canto podo.
Na ilustración creo recoñecer os Bolechas do amigo Pepe Carreiro. Dime se me engano.
Apúntate xa para a Xuntanza. Gustaríame darche unha aperta en persoa. Namentres vai outra virtual.

 
Ás 09:42, 01/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

a min si me gusta a velocidade. E gustabanme moitos as motos. Pero agora danme moito medo. Cabeciña,q ue para correr estan os circuitos. (que por outra banda, non costa tanto alugalos)

 
Ás 16:20, 01/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

A velocidade fainos perder o camiño, alónxanos do entorno, da paisaxe. Mais que facer cando os nenos se crían na paixón polas carreiras descontroladas, polos vehículos que corren a mil e pola ansia de chegar o máis cedo posible a calquera lugar.

 
Ás 20:06, 01/04/08 , Blogger d´Agolada dixo...

A min non me gusta ver carreiras nin de coches nin de motos pero teño que recoñecer aínda que quede como un sinverguenza que a velocidade non me disgusta, supoño que ca madurez se me pasará jeje. saúdos.

 
Ás 22:51, 01/04/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tal e como dis, semella que todo anda "na brasa". Imaxino que estas cousas reflicten o que se coce na sociedade en xeneral.

Xúntome a Busto na proposta de que te apuntes á Xuntanza.

 
Ás 23:01, 01/04/08 , Blogger Ana dixo...

A min si que me gusta a velocidade,pero en un recinto controlado y preparado para eso.
Pero non me gusta velo pola tele,prefiero velo en directo.

Bicos

 
Ás 10:07, 02/04/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Todo en la vida puede ser interesante si se le pone en sentido comun. !sentidiño!

 
Ás 10:10, 02/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Recoñezo que a min a velocidade tampouco me gusta e póñenme dos nervios algúns que circulan a toda brasa por aí.

 
Ás 12:54, 02/04/08 , Blogger Unknown dixo...

O último consello que me dou o monitor da autoescola foi: cando saias á estrada co auto, pensa que todos os demáis son uns tolos, que non te podes fiar en ningún momento.

Boa razón leva.

(digo o mesmo que Chousa! apúntate á xuntanza!!)

 
Ás 20:35, 02/04/08 , Blogger asbeirasdoarnego dixo...

é mellor non correr riscos, e andar a modiño, aínda que confeso que a min a velocidade gústame...

 
Ás 21:32, 02/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

A min gústame todo o que leve rodas e motor, pero é ben certo que se deberían controlar máis os contidos que se lle ofrecen aos nosos rapaces.

 
Ás 22:19, 02/04/08 , Blogger Pau dixo...

Correr por correr. Alguen sabe porque corremos?

 
Ás 11:54, 06/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu xa fai tempo que deixei de viaxar pola esquerda. Agora vou tranqui pola dereita anque sempre corremos os mesmos ríscos. Pásanos o mesmo que a Fernando Alonso, non adiantamos a ningúen, como moito de cando en vez un rebasamento, jajaja...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio