leoeosseus

xoves, 26 de xuño de 2008

Agarrada


Nesta foto histórica estou nunha andaina bastante inusual en min porque son pacífico anque teña os meus prontos.
A foto vén a conto porque cando hai unha situación violenta non sei como reaccionar e hoxe houbo unha agarrada no choio entre un compañeiro e o Orzowei. O Orzowei díxolle lindezas como: " vouche dar un patadón neses dentes ", " antes esperaba a que hubese unha revolución para matarte pero non vou esperar ", " burra falsa ", " voute seghir hasta o peto das ánimas ", " vou caghar nas túas cenizas ", etc, etc. E eu e uns compañeiros quedamos calados sen dicir nada.
Estas situacións non me gustan nada e supoño que o tempo suavizará os roces. Tamén eu levei unha mallada o día da foto e non gardo ningún rancor ao meu contrincante que só sei que era de Noia.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 10:23, 27/06/08 , Blogger Mararía dixo...

Gustoume esa idea que tivo de que pensaba agardar a unha revolución para matalo; eu non o pensara... pero teño algúns veciños .... que si hai revolución .... non sei que che diga.

 
Ás 12:09, 27/06/08 , Blogger fgul dixo...

ostias!! Pois se era de Noia posibelmente fose o Grande Moises, sen dúbida.

...eu, por outra parte tamén teño algúns veciños, si... pero estou moi a favor da vida... (cachisss... putas ideas)

 
Ás 16:43, 27/06/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O de burra falsa tampouco está mal, que culpa terá o pobre animal, a burra claro.
Cando estás no medio, son situacions incómodas.

 
Ás 00:31, 28/06/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Non me digas que lle dabas ao full-contact. Non tiña nin idea. Calquera se mete contigo.

 
Ás 19:12, 28/06/08 , Blogger Cuspedepita dixo...

Si, pásame algo parecido. Un dos problemas que máis me agobian é que non sei lidiar con este tipo de situacións. Meteríame debaixo dunha pedra de boa gaña nun caso así :-)

 
Ás 22:37, 28/06/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Que forte!! A foto boísima!
Crispress

 
Ás 00:17, 29/06/08 , Blogger Pau dixo...

Esperemos que o do choio non chegue a máis. Ainda que sempre quen máis quen menos tivo algunha enganchada con algún compañeiro.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio