leoeosseus

mércores, 30 de xullo de 2008

Foto de documental



Sempre me gustaron os documentais de animais e lembro as imaxes de búfalos africanos con paxaros ás costas eliminándolles parásitos. Pero non foi ata o ano pasado que puiden facer esta foto de ovellas deitadas aproveitando a sombra e unhas pegas por riba delas limpándolles os parásitos. E é que hai veces que non se ten que ir lonxe para ver imaxes curiosas.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 00:45, 31/07/08 , Anonymous Anónimo dixo...

E seguro que as ovellas non estaban mortas? Mira que as pegas son carroñeiras.

 
Ás 01:13, 31/07/08 , Blogger LM dixo...

se nom estavam mortas vaia santa paciencia para esperar a que todas e cada uma estivessem deitadas a pleno dia. beijos.

 
Ás 09:32, 31/07/08 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Cando eu era nena e escoitábamos rondar as peghas, íamos correndo a meter os pitiños.

 
Ás 09:52, 31/07/08 , Blogger Mer dixo...

Non, non fai falta ir moi lonxe para fotografiar as riquezas da vida.

Di o meu profesor de fotografía que algúns fotógrafos famosos, van a Afganistán ou ao Líbano a fotografiar a tristeza porque alí coa guerra de fondo é máis doado, eses mesmos fotógrafos non saberían fotografiar a tristeza dun neno por que lle caeu o xelado ao chan (non todos, claro).

E tí con esta foto estás aprobadísimo, como soubeches captar un instante interesante da vida sen ter que ir ver á selva, como un león se enfrenta a unha cebra.

Unha aperta.

 
Ás 13:27, 31/07/08 , Blogger fgul dixo...

e volta ás ovellas...

Bufff; eu farteime de ver eses documentais do "león cazando á gacela"

...a gacela corría, o león perseguía...

enfin...

Saúdos

 
Ás 13:49, 31/07/08 , Blogger insomniorizar dixo...

qUE BUNITO O QUE DÍ mER, BUENO, OU O QUE DICÍA O SEU PROFE!

Bo comentario Mer.

E di paideleo, non fai falla ir moi lonxe e ti máis eu o sabemos1
jiji!

 
Ás 16:35, 31/07/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Mer ten razon

 
Ás 18:45, 31/07/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Moi boa a foto, eche ben verdade, con paciencia e sorte, na nosa zona pódense sacar fotos fermosas e atípicas.
Parece que vai de ovellas a cousa, xa sería a leche topalas no video da Prehistoria.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio