leoeosseus

venres, 18 de xullo de 2008

Fotografando a calor



Hai conceptos abstractos que por seren iso precisamente, non teñen unha imaxe real. Nestes casos é mui difícil asignarlle unha imaxe a conceptos como gratitude, frío ou calor, por exemplo. Por iso, nestes días de calor abafante non dubidei en fotografar as fiestras da veciñanza que se abren na noitiña como se as vivendas quixeran respirar aire fresco despóis dun día de lume. Esta sería para min unha imaxe de calor abafante.

E agora, cal sería a túa ?.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 12:38, 18/07/08 , Blogger Ana dixo...

Eu sacaria unha dentro da casa e coas presianas baixadas....minha casa estos días parece unha cova,jeje

Bicos

 
Ás 16:18, 18/07/08 , Blogger oko dixo...

a miña imaxe da calor é a tal hora as mosquiteras abaneando co aire do ventilador á noitiña :D

 
Ás 19:17, 18/07/08 , Blogger Lúa dixo...

que gustiño cando levas todo o dia coas fiestras baixas e a noite abres todo pra que entre ese fresquiño nocturno que da a vida nestes meses de vrao!!!!(e unha cervexiña, como non!)

 
Ás 19:53, 18/07/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa vos mostraremos algunhas das fotos da viaxe que emprendemos mañá. Imos cara ao sur, así que raro será que non faga calor, aínda que non sei se tanta como aquí estes días.
Unha aperta.

 
Ás 14:59, 19/07/08 , Blogger fgul dixo...

...coa calor destes días boa falta fai...

 
Ás 16:54, 19/07/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Unha foto de un ventilador funcionando, ou alguén cun abanico, ou bañandose nunha piscina, serían fotos refrescantes, pero a vez podería imaxinarse o calor que fai.
Pois nada, a refrescarse que apetece.

 
Ás 11:03, 20/07/08 , Blogger Mararía dixo...

Boa imaxe. Eu ca calor destes días casi facía unha foto a min mesma sudando coma un cerd... aínda que te duches vinte veces no día. Onte estivemos a 33 grados, e no interior eso é moitooooooo, abrasante, non hai quen poida durmir con tanta calor.

 
Ás 17:02, 20/07/08 , Blogger Bea dixo...

Foto de calor??? alguén cunha botella de auga moi fría nunha man e un abanico na outra.

 
Ás 20:18, 20/07/08 , Blogger Fada Branca dixo...

unha boa imaxe que representa a calor

 
Ás 00:49, 21/07/08 , Blogger LM dixo...

a terraza ao sol. beijos

 
Ás 03:49, 21/07/08 , Blogger d´Agolada dixo...

Pois aínda non é moi sinxela a historia, non sei, tal vez unha destas nas que se aprecia o calor saíndo do asfalto nunha estrada. Saúdos

 
Ás 16:44, 21/07/08 , Blogger torredebabel dixo...

pois eu son malísima facendo fotos. De xeito que quedo coa tua que é moi moi boa.

 
Ás 22:53, 21/07/08 , Blogger Cuspedepita dixo...

Para min unha imaxe da calor sería unha desas en que a calor parece facer ondas nas imaxes de desdibuxaas.
Outra sería a duns labregos cheos de pó da herba seca sentados á sombra dun carballo a mediodía e suando.

Apertas e ata loguiño

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio